Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. GALICIA DE MUGARDOS "B", 3 - NUMANCIA, 0.
 
 

AFECCIONADOS. GALICIA DE MUGARDOS "B", 3 - NUMANCIA, 0.

Faltau intensidade.

Derrota por 3 - 0 do equipo de afeccionados no partido de rivalidade fronte o Galicia de Mugardos "B" en encontro disputado na tarde do domingo no campo de A Pedreira. No descanso a ventaxe local xa era de 2 - 0.


 A Pedreira 5 de maio do 2013

ALIÑACIONS

GALICIA DE MUGARDOS “B”: Oscar (Marcos 60´), Nico, Cuco (Nacho 56´), Arturo, Vicente (Cristian 64´), José Ángel, Xavi, Juancho (C), Javi (Joaquín 56´), Esteban (Romerito 60´) e Lestón.

Adestrador: David Fernández Pereira.
2º adestrador: Víctor Manuel Montero Brage.
Delegado: Leonardo García Lozano.

NUMANCIA: Putxi (Carlos 46´), Martín (Álvaro 70´), Costa (C), Alexmarti, Jauma (Antón 46´), Teti, Alex Pita, Julio, Borja, Javi (Fernando 67´)e Javi Enrique (Juanlu 46´).

Adestrador: Francisco Javier Bardanca García.
2º adestrador: Marcelino Martínez Fuentes.
Delegado: José Antonio Couce Iglesias.

COLEXIADO: Brais Ferreiro Vérez. Amoestou a Arturo, Vicente, José Ángel e Nico do G. de Mugardos e a Jauma, Javi e Julio do Numancia. Expulsou o adestrador do Numancia

GOLES

1 – 0: Javi (min. 12).  Entrada por banda dereita con desborde e chegada ata a liña de fondo. O centro e rematado preto da meta por Javi para abrir o marcador.

2 – 0: Javi (min. 36).  Balón en longo ás costas da defensa aresana que aproveita Javi para canear ó meta visitante na súa saída ó borde da área e anotar sen oposición o segundo tanto local.

3 – 0: Esteban (min. 57). Balón controlado na esquerda do ataque local en tres cuartos de campo, pase o centro e dende fora da área Esteban conecta un forte disparo sen deixar caer o balón, que entra preto da escadra dereita da meta defendida por Carlos.


 O equipo local amosou máis motivación no encontro de rivalidade xa dende o primeiro minuto. Os localis dominaron inicialmente o centro do campo e desbordaron por banda xerando moito perigo.
No minuto 12 chegaría o primeiro tanto local nunha entrada por banda dereita con desborde e chegada ata a liña de fondo. O centro e rematado preto da meta por Javi para abrir o marcador.
Ata o 24 o Numancia non xerou perigo e sería grazas a unha boa combinación entre Borja por banda esquerda movendo ó centro para Teti, este último pasa o coiro máis a derecita para Alex Pita quen dribla ó seu marcador e dispara dende lonxe.
No 30 máis perigo local nun disparo dende o borde da área que Putxi rexeita a saque de esquina. Na xogada seguinte falta que executa Javi Enrique para os de Ares e deten o meta local sen moitos apuros.
Parecia que o Numancia subía un pouco o seu nivel no xogo inda que sempre sen control en medio campo e buscando balóns en longo dende campo propio.
Coa defensa visitante adiantada os locais buscaron os balóns ás costas e así no 37 un balón en longo ás costas da defensa aresana o aproveita Javi para canear ó meta visitante na súa saída ó borde da área e anotar sen oposición o segundo tanto local.
O Numancia disporía dunha clara ocasión nos pes de Borja no minuto 41 donde o seu disparo cruzado sae rozando o pau dereito da meta local.
Con 2-0 chegabase ó descanso consecuencia dunha maior intensidade no xogo dos locais domiñadores do medio campo e aproveitando a velocidade por banda.
O segundo tempo comenzou coma o primeiro, dominando os locais e anotanto ós 12 minutos da reanudación nun balón controlado na esquerda do ataque local en tres cuartos de campo, pase o centro e dende fora da área Esteban conecta un forte disparo sen deixar caer o balón, que entra preto da escadra dereita da meta defendida por Carlos.
O Galicia baixou o ritmo, fixo cambios e o Numancia buscou a meta local con máis corazón que cabeza. Esto permitiu ós locais facer algunha contra con moito perigo coma no minuto 71 donde Carlos ten que facer unha ariscada saída fora da área; ou nun balón no 78 que saca Álvaro baixo os paus.
No bando visitante un pase de Borja no 80 que Alex Pita aproveita para disparar a porta e o meta local rexeita nunha boa intervención; ou no 88 un disparo de Fernando que rexeita o meta e Alex Pita cruza en exceso o balón rexeitado.
En resumo partido de rivalidade onde saiu moito máis motivado o equipo local, sendo superior en medio campo e amosando un punto máis de velocidade e intensidade nas xogadas. Agora rematada a liga toca poñer máis intensidade si se quere competir dignamente na copa onde os de Ares reciben a visita do Maniños dentro de dúas semanas.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.