AFECCIONADOS: SAN SADURNIÑO, 4 - NUMANCIA, 2.

A.D.R. Numancia de Ares. Aficionados 2012-2013. San Sadurniño, 4 - Numancia, 2. A Piscina.Gañou o máis motivado.

Derrota por 4-2  do equipo de afeccionados na súa visita ó campo da Piscina en San Sadurniño. Ó descanso chegouse con vantaxe local de 2-1.

 

 

A Piscina (San Sadurniño) 28 de abril de 2013

ALIÑACIONS

SAN SADURNIÑO: Amaro, Monty, Antón, Rober, Pedreira, Amor (Germán 77´), Miguel (C), Alberto (Aarón 75´), Ángel (Truco 81´), Marcos (Otero 38´) e Grueiro (Melo 41´).

Adestrador: Miguel A. Caruncho Caabeiro.
Delegado: Alexandre Campos Saavedra.

NUMANCIA: Putxi (Carlos 59´), Álvaro (Martín 59´), Costa (C), Alberto, Antón, Teti, Fernando (Adrián 46´), Julio, Chapu, Javi e Javi Enrique (Alex Pita 46´).

Adestrador: Francisco Javier Bardanca García.
2º adestrador: Marcelino Martínez Fuentes.
Delegado: José Antonio Couce Iglesias.

COLEXIADO: D. Adrián González Franco. Amoestou a Miguel e Melo polo San Sadurniño e a Javi e Fran (adestrador) polo Numancia.

GOLES:

0 – 1: Javi (min. 14),  Xogada pola esquerda que parte de Antón con pase a Chapu o cal pon en profundidade a Javi que dentro da área recurta e manda o balón o pau longo.

1 – 1: Angel (min. 29),  Saque de esquina en curto dende a dereita do ataque local sobre a subida do lateral dereito que centra á area e Ángel remata de cabeza preto da área pequena batindo a Putxi.

2 – 1: Alberto (min. 32), Perda de balón no medio campo con erro defensivo en cadea que  deixa a Alberto en disposición de driblar a Putxi e anotar o segundo tanto local.

3 – 1: Alberto (min. 52), Contra dos locais con balón ás costas da defensa visitante por banda dereita e centro ó borde da área onde Alberto adiántase a saída de Putxi

4 – 1: Amor (min. 58), Falta centrada en medio campo visitante que  os locais colocan no pico dereito da área pequena o remate chega o medio da área a Amor que aproveita ás indecisións visitantes.

4 – 2: Javi (min. 86) Penalti sobre Javi que el mesmo anota enviado o balón á dereita do porteiro quen se lanza a súa esquerda.

Partido onde o San Sadurniño xogábase moito fronte a un Numancia sen opcións na liga. Viuse cedo a motivación dos locais que buscaron dende o principio a porta dos de Ares. Destacan dúas xogadas de perigo local, unha primeira con boa intervención de Putxi I outra que sae preto do pau da porta numantina.
Con todo o primeiro gol sería visitante ós 14 minutos obra de Javi  e dous minutos máis tarde Chapu enviou un balón o pau.
O San Sadurniño chegaba moito pero sin claridade e forzaba saques de esquina, 11 na primeira metade, os seis primeiros sacados en longo sen resultado e o septimo sacado en curto deu pe á xogada do empate no minuto 29.
Os locais atacaron a meta visitante e aproveitaron os erros dos de Ares para anotar o 2-1 e a piques estiveron de anotar novamente no 41 nun saque de esquina que rexeita de puños o meta visitante.
Na segunda metade saíu máis asentado o San Sadurniño, esperando ó Numancia para poder matar ó partido explotando o contra ataque.
Así conseguiron  anotar o terceiro tanto e forzar a falta que xeraría o 4-1.  Con este resultado os locais pararon o xogo, durmiron todo o que puideron o encontro.
O Numancia mellorou con os cambios pero a reacción foi tardía e con moita desvantaxe no marcador. Inda así o meta local Amaro fixo dúas boas intervencións a ocasión de Javi e Chapu que podían cambiar o signo do encontro.
Ó final o penalti sobre Javi que el mesmo anota deixaba o 4-2 definitivo que dalle moito aire ós locais na súa loita pola permanencia.
En resumo máis motivación nos locais e no positivo para os de Ares, unha semana máis  salientar a  participación dos xuvenís. Agora tan solo rematar a liga o próximo domingo na Pedreira fronte ó Galicia de Mugardos B, cos únicos alicientes da rivalidade e de poder rematar na sexta posición mellorando a sétima praza que ocupamos nesta xornada.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.