AFECCIONADOS. SAN MATEO, 3 - NUMANCIA, 1.

A pouca efectividade pasou factura.

Derrota por 3 a 1 do Numancia na súa visita ó campo de Trasancos na tarde do domingo para enfrontarse ó San Mateo. Ó descanso chegouse con ventaxe local de 1 a 0.


Trasancos (San Mateo) 7 de abril de 2013

ALIÑACIONS

SAN MATEO: David, Pablo (Julián 41´), Jorge Ramil, Turu (C), Nacho, Rubén, Brunito (Jorge 65´), Diego Piñeiro, Javi (Roberto 76´), Adrián e Iago (Nene 61´).

Adestrador: Juan Miguel López Mourente.
Delegado: Juan Carlos Niebla Piñeiro.

NUMANCIA: Putxi, Martín, Bule (C), Costa, Jauma (Álvaro 75´), Teti, Manu, Julio (Adrián 65´), Chapu, Javi e Alex Pita (Juanlu 85´).

Adestrador: Francisco Javier Bardanca García.
2º adestrador: Marcelino Martínez Fuentes.
Delegado: José Antonio Couce Iglesias.


COLEXIADO: Alberto Cinza Seoane. Amoestou a Brunito e Javi polo San Mateo, e a Martín e Javi polo Numancia.

GOLES:

1 – 0: Diego Piñeiro (min. 29). Saque de esquina de Iago que remata Diego Piñeiro adiantándose a os defensas visitantes.

1 – 1: Javi (min. 52). Saque de esquina de Alex Pita dende a esquerda do ataque numantino que chega ó segundo pau a pes de Javi que marca de forte disparo.

2 – 1: Javi (min. 63). Saque de banda do conxunto local que recolle Nene en banda dereita, o seu centro ó segundo pau cabeceao Javi  dende o pico do área pequena para anotar o 2 a 1.

3 – 1: Adrián (min. 84). Penalti que transforma Adrián a media altura á sua esquerda.

COMENTARIO:

O Numancia saíu a polo partido desde o primeiro minuto, buscando as chegadas por banda e facilitando balóns á área para Javi e Chapu. O campo, de herba natural, foise facendo pesado e dificultou a circulación do balón  sobre todo aos visitantes menos acostumados a estes tipos de superficie. Con todo, as mellores ocasións ata o minuto 30 foron para o Numancia. Javi e Chapu dispuxeron de xogadas elaboradas que non conseguiron finalizar, unhas veces por erros propios e outras por acerto da defensa e porteiro local. Dispuxeron os visitantes de varios saques de esquina pero en ningún deron sensación de perigo. A xogada máis perigosa a balón parado xerada polos de Ares foi unha falta centrada, que Julio enviou pegada ao pau dereito da meta local e que David  desviou con gran acerto. Os locais, que en xogada chegaban con menos claridade, se aproveitaron do xogo a balón parado, así Diego Piñeiro aproveitou un saque de esquina de Iago para anticiparse á defensa visitante e anotar o primeiro tanto. Outros dous saques de esquina finalizaron con intervencións acertadas do meta aresano.
Os de Ares fóronse ao descanso coa sensación de merecer moito máis e saíron novamente con gañas de volverse a meter no partido. O segundo tempo presentou máis chegadas por ambos os dous bandos obrigados a xogar máis directo polo estado do campo que se fixo moito máis pesado.
No minuto 52 un saque de esquina de Alex Pita chega a pés de Javi no segundo pau, e tras revolverse, dispara duro e bate a David establecendo o empate no marcador.
Seguiuse xogando con intensidade e no minuto 63 un saque de banda na dereita do ataque visitante recíbeo Nené para  pór un centro ao segundo pau onde Javi imponse á defensa numantina e remata de cabeza cruzando o balón lonxe do alcance de Putxi.
Non veu abaixo o Numancia e seguiu xerando perigo ata que no minuto 82 un balón disputado entre Martín e un atacante local acaba en penalti, moi rigoroso a xuízo do conxunto visitante. A pena máxima execútaa Adrián enviando o balón á súa dereita e anotando, pero o colexiado decide que hai que repetir. Á segunda cambia de lado e bate a Putxi establecendo o definitivo 3-1 no minuto 84. Desde aqui ata o final aínda dispuxo dalgunha chegada o equipo visitante pero non se souperon finalizar.
A clave do partido foi a falta de acerto goleador do equipo aresano e non buscar máis balóns aereos sobre a área rival tanto en xogada como en balón parado para aproveitar o xogo de Chapu. Ese mesmo xogo aereo foi o que deu a vitoria aos locais que con menos  ocasións souberon rendibilizalas mellor.
No negativo, xunto á falta de acerto cara a porta, os erros defensivos puntuais que permitiron encaixar os goles. No positivo a pelexa do equipo en xeral, as ganas de competir até o final e a aportación dos dous xuvenís que participaron no encontro.
Agora cáese á sétima praza pero o 2º clasificado, Rápido de Neda, segue a 5 puntos tras caer derrotado esta xornada, polo que sendo moi complicado, aínda queda liga por disputar e ocasións para demostrar a valía do equipo numantino tentando acadar o posto máis alto posible. 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.