AFECCIONADOS. NUMANCIA, 2 - A CAPELA, 2.

Numancia de Ares ADR. Afeccionados 2012-2013. Numancia, 2 - A Capela 2. Prados Vellos 18/11/12.ATA O RABO TODO É TOURO.

Aos de Ares escápanselle dous puntos no tempo engadido.

 


Prados Vellos 18 de novembro de 2012.

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Carlos, Costa, Alexmarti, Antón, Martín, Teti, Manu (Juanra 85´), García, Fernando (Juanlu 77´), Javi (Álvaro 82´) e Julio (Dudi 65´).

A CAPELA: Quique, Marcos Rodríguez, Santi, Noel, Berto (Diego 79´), Marcos Martínez, Poli (Tino 66´), Raúl (Alex 58´), Purri (Leo 58´), Mauro e Telmo

COLEXIADO: Álvaro García Santaeufemia.

Amoestados:
Numancia: Alexmarti, Fernando, Julio e Juanlu.
A Capela: Noel, Berto, Leo e Tino.

Expulsados:
Numancia: García e Fran (entrenador).
A Capela: Alfonso (entrenador).

 



Primeira metade que comezou co conxunto visitante máis metido no partido fronte a un Numancia que tardou moitos minutos en entrar en xogo. Malia a maior presión do Capela os de Ares cun bo planteameneto defensivo apenas pasaron apuros, pero foron moitos os minutos que o Numancia estivo inactivo e ataque. No minuto vinte de xogo, e na primeira aproximación dos de Ares a porta rival, o colexiado anularíalles un gol por posible fóra de xogo. Esta xogada sería o pistoletazo de saída para o xogo do conxunto aresano que comezou a chegar con perigo á área rival. No minuto vinte e sete chegaría o primeiro tanto local, saque de banda próximo ao córner sobre García quen baixa o balón co peito, dáse media volta dispara sen apenas ángulo o balón dá nun defensor e cóase na portaría. Despois do gol os de Ares terían controlado o partido durante uns dez minutos máis, para volver igualarse de novo o xogo sen que ningún dos dous equipos conseguise impoñerse. Ao final chegaríamos ao descanso con vitoria pola mínima do conxunto aresano.

Na reanudación da segunda metade volvíase repetir a historia, cun Numancia que non encontraba a súa posición no campo fronte a un Capela que apertaba o acelerador. No ambiente palpábase máis o empate que o segundo tanto local. Pero cando corría o minuto sesenta, o gardameta aresano sorprende cun saque en longo que supera un defensor no bote, Julio aproveitase da falta de entendemento dos defensas, e faise co balón para superar de vaselina a saída do porteiro e lograr o 2 - 0. Na media hora que restou de partido o xogo estivo repartido e houbo moita igualdade entre ambos os dous equipos. Destacar deste tempo un libre directo de Manu no minuto oitenta e catro que se estrela en toda a escuadra. Xa no tempo engadido, e cando parecía que todo o peixe estaba vendido, saltaba a sorpresa en Prados Vellos. Minuto noventa e un, córner que saca A Capela, fórmase un balbordo no primeiro pau e finalmente Noel mete o pé para enviar o fondo da rede. O Capela con este gol envorcouse en ataque e sacou petróleo de Prados Vellos, posto que dous minutos despois do gol nun rexeitamento que dá na man dun defensor o colexiado decreta a pena máxima. Penalti que transformaría Alex no que sería o gol do empate.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.