AFECCIONADOS. SOMOZAS "B", 2 - NUMANCIA, 5.

Numancia de Ares ADR. Afeccionados 2012-2013. Somozas EFICACIA CEN POR CENTO.

No partido de hoxe os de Ares tiveron a eficacia goleadora que lles faltou en xornadas anteriores.

 

Municipal Pardiñas (Somozas) 11 de novembro de 2012

ALIÑACIONS:

SOMOZAS “B”: Lufi, (Tembrás 46´) (Óscar 72´), Jacinto, Martínez, Rubio, Toni, Loren, Aitor (Keko 81´), Chicho, Santi, Fer (Lamas 46´) e Cris.

NUMANCIA: Carlos (Putxi 85´), Martín, Jauma (Alexmarti 46´), Antón (Dudi 46´), Costa, Teti, Manu, Bule, Fernando, Javi (Juanlu 76´) e Javi Enrique (Julio 59´).

COLEXIADO: José Luís Corral Franco. Amoestou a Martínez, Aitor e Fer polo Somozas, e a Jauma, Bule e Costa polo Numancia.

GOLES:

1 – 0: Cris (min. 6)
1 – 1: Costa (min. 22)
1 – 2: Bule (min. 24).
1 – 3: Manu (min. 34).
1 – 4: Javi Enrique (min. 45).
2 – 4: Loren (min. 70).
2 – 5: Javi (min. 76).

 



Primeira metade na que os de Ares saíron algo durmidos nos primeiros minutos ante un Somozas que apertaba e imprimía un forte ritmo ao partido levando perigo á área aresana. Aos seis minutos do inicio sería o conxunto local o que se poñería por diante no marcador ao aproveitar Cris un rexeitamento de Carlos despois dun lanzamento de libre directo de Loren. Con este gol os de Ares comezaron a desperezarse e a ter algunhas aproximacións á área local. Nunha desas aproximacións prodúcese unha falta no semicírculo da área e Costa de lanzamento maxistral, que coloca por toda a escuadra da portaría, imparable para Lufi, empata o partido. Dous minutos despois nun balón divido no bordo da área, Bule de disparo a media altura envía o fondo da rede para poñer por diante no marcador os de Ares. Mediada a primeira metade e nun ímpeto de espírito e forza, os locais chegaron a ter en apenas cinco minutos catro ocasións consecutivas para empatar o partido. Pero a falta de fortuna e unha boa man de Carlos aliáronse co Numancia. En plena énfase deportiva do Somozas, vendo as suas posibilidades do empate, Manu sorprende aos locais cun roubo de balón no pico dereito da área, intérnase e de disparo cruzado marca o terceiro gol aresán. Este gol fixo moito dano ao Somozas que pasou da euforia á desolación, pois minutos antes, cando máis preto tivera o empate encontranse con outro gol en contra. Aproveitaron os de Ares o baixón moral dos locais e sobre o asubío final Javi Enrique de libre directo fai subir o cuarto ao marcador. En resumo primeira metade de eficacia cen por cento goleadora dos de Ares o que lles permitiu irse ao descanso cun 1 - 4.

A segunda metade comezou cun ritmo algo pausado para ir subindo de intensidade a medida que pasaban os minutos. Tiveron os aresanos dúas boas oportunidades para facer gol nos primeiro minutos de partido pero nesta ocasión non houbo acerto. O partido tivo bo ritmo pero ningún dos dous equipos conseguía ter a posesión e marcar o ritmo do xogo. No minuto setenta os locais conseguían acurtar distancias no marcador ao transformar Loren un penalti. Este gol animou aos locais que volveron imprimir máis ritmo ao partido. Pero seis minutos despois, falta que quita Manu no lateral dereito da área cun centro chut que bota diante do porteiro que non é capaz de atallar, Javi atento preto do porteiro aproveita o rexeitamento para empurrar ao fondo da rede. Este gol rematou con todas as aspiracións do Somozas. De aquí ao final do partido o ritmo ralentizouse, e nos minutos finais o xogo volveuse desordenado e abusivo en canto aos balóns en longo e en prolongación tratando de buscar a sorpresa. Finalmente o marcador permanecería inamovible no 2 – 5 acadado no minuto setenta e seis.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.