AFECCIONADOS. NUMANCIA, 1 - MIÑO, 3.

Numancia de Ares ADR. Afeccionados 2012-2013. Numancia 1 - Miño 3. Prados Vellos 04/11/12.UNHA PÉSIMA SEGUNDA METADE SENTENCIOU AOS DE ARES.

A un Miño cunha marcha máis foille suficiente para levarse con xustiza os tres puntos de Ares.

 


Prados Vellos 4 de novembro de 2012.

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Carlos, Martín, Antón, Costa, Bule, García, Dudi (Julio 55´), Teti, Manu (Juanlu 86´), Javi (Álvaro 86´) e Alexmarti (Javi Enrique 70´).

MIÑO: Moreira, Guille (Lata 59´), Iago (Diego 79´), Semi, Samer, Nando, Luís, Chema (Raúl 75´), Miguel (Buyo 89´), Miguelin (Faustino 63´) e Dani.

COLEXIADO: Daniel Barrera Lourido. Amoestou a Antón, Javi e Julio polo Numancia, e polo Miño, a Semi, Chema e Miguel.

GOLES:

0 - 1: (min. 44), balón bombeado á área do Numancia que controla Miguel de costas a portaría, por forza dase a volta e vaise de Costa, o seu disparo frouxo e centrado a porta non acerta a detelo Carlos.

0 - 2: (min. 73), falta lateral dende a banda esquerda de ataque do Miño, colgan o balón ao segundo pau onde hai ata catro xogadores visitantes fronte ao gardameta local, finalmente é Miguel o que mete o pé e envía o fondo da rede.

0 - 3: (min. 78), perda de balón de Alex García en campo rival, un xogador do Miño pon o esférico ás costas da defensa aresá, sobre Dani, quen alcanza o pico esquerdo da área pequena e nun man a man con Carlos bateo de disparo cruzado.

1 - 3: (min. 83), Javi de penalti.

Antes de dar comezo o partido fíxose entrega do primeiro trofeo Murillo Viteri da temporada ao xogador máis regular do mes de outubro. Neste ocasión o agraciado foi o xoven porteiro aresán Carlos Arnoso, a o que desde aquí damoslle os nosos parabéns. Fixo entrega do Trofeo Manel Pérez representante da Adega Murillo Viteri para a zona de Ferrolterra.

E xa entrando de cheo no partido. Partido difícil para dous equipos que pugnaban por empolicarse aos postos altos da táboa. Quizais esta circunstancia fose a causa das poucas cousas que nos ofreceron na primeira metade. Moito centrocampismo, e poucas aproximacións ás áreas, nunha primeira parte na que ningún dos equipos foi quen de impoñer o seu xogo. A excepción dun disparo cruzado do Miño desde a banda dereita, o propio gol, un disparo de Bule, e un remate de cabeza de Dudi. estos dous ultimos nos prolegómenos do gol visitante, serían as ocasións máis claras desta primeira metade. Co resultado de 0 - 1 marcharíamos ao descanso

Na segunda metade e coa vantaxe no marcador veríamos a un Miño moito máis metido no partido, en contraposición a un Numancia que se foi diluíndo a medida que pasaron os minutos. A pouca intensidade do xogo numantino, as perdas de balón, as imprecisións nos pases e a falta de loita fronte aos balóns disputados, que prácticamente se levou sempre o conxunto visitante, permitiron a un Miño cunha marcha máis levarse o partido sin moitos atrancos.

Os últimos dez minutos de encontro convertéronse, nun correruas, e nun despropósito, máis se cabe por parte dos de Ares, que de perdidos, al río. Os erros, e as imprecisións por parte do Numancia agudizáronse e a punto estiveron de desembocar nunha goleada. Só a falta de puntaría dos dianteiros do Miño e unha boa intervención de Carlos evitaron o que puido ser unha "manita", ou quizais a media ducia.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.