AFECCIONADOS. NARAHIO, 0 - NUMANCIA, 3.

ADR Numancia de Ares. Afeccionados 2012-2013. Narahío 0 - Numancia 3. A Veiga 28/10/12.VITORIA SEN APUROS

Os tres puntos ante o Narahío enganchan os de Ares cos equipos da cabeza da táboa.

 


A Veiga 28 de outubro de 2012.

ALIÑACIONS

NARAHIO: Toni, Noel (Alberto 54´), Juli, Roberto, Casal (Cesar 56´), Ríos, Raúl, Alejo, Jesús (Borja 46´), Miguel (Pablo 59´) e Javichu.

NUMANCIA: Carlos (Putxi 88´), Martín, Antón, Costa, Bule, García (Alexmarti 55´), Dudi (Julio 70´), Teti, Jaime (Fernando 84´), Manu e Javi (Álvaro 85´).

COLEXIADO: José A. Rodríguez Dopico. Amoestou a Javichu, Pablo e Juan del Río (adestrador) polo Narahío. Polo Numancia amoestou a Costa e Fernando. Expulsados Raúl por cartolina vermella directa e Javi por dobre amarela, ambos os dous do Narahío.

GOLES:

0 - 1: min 22, centro colgado de Jaime á área local, o defensa falla no rexeitamento, Javi queda co balón e marca de disparo a media altura.

0 - 2: min. 42, libre indirecto preto da semilúa da área, touca Javi e Costa de forte disparo a coloca en toda a escuadra.

0 - 3: min. 85, penalti sobre Jaime que transforma Javi.

 



Campo que presentaba un inmellorable aspecto estético, pero moi brando por algunhas zonas, o que ocasionou esvaróns e mesmo algunha perdida de estabilidade dos xogadores, circunstancia que condicionou un pouco o xogo. O cansazo pola brandura do campo fíxose notar ao final do partido.

Primeiros vinte minutos de partido caracterizados polo xogo lento, carente de ritmo, aburrido. Ningún dos dous equipos asumiu a responsabilidade de tomar a iniciativa. Foi a partir do gol do Numancia cando o encontro se animou e comezaron as aproximacións ás portarías. Foron os de Ares os que animados polo gol tomaron a iniciativa ante un Narahío que esperaba atrás tratando de sorprender á contra e a balón parado pero non tiveron profundidade no seu xogo, agas de duas oportunidades nas que o sol que daba de frente cegou o porteiro aresán e a piques estiveron de besar a rede. Pola contra os de Ares dispuxeron dalgunha ocasión que non materializaron. Xa nos últimos minutos chegaría o segundo gol dos de Ares despois dun disparo maxistral de Costa a lanzamento de libre indirecto. Sen tempo para máis marcharíamos ao descanso con vitoria parcial dos de Ares por 0 - 2.

Na segunda metade o Narahío, malia estar cun menos pola expulsión de Javi no 40´, estivo máis incisivo saíndo descaradamente a pola remontada, pero a defensa aresana e o gardameta abortarían con solvencia todas as chegadas á área. Pola contra os de Ares non fixeron unha boa segunda metade. Pero aínda así, o atrevemento dos locais en ataque estivo a punto de pasarles factura en varías ocasións. As contras e as ocasións claras que tiveron os de Ares foron varias pero non estiveron acertados nas definicións Habería que esperar ata o minuto 85 para ver subir o terceiro tanto visitante ao transformar Javi un penalti cometido sobre Jaime.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.