AFECCIONADOS. Torneo Cuadrangular.

Maniños campeón do torneo.

Na final do Torneo Cuadrangular de Fútbol Afeccionado de Ares 2012, organizado pola A.D.R. Numancia de Ares coa colaboración do Concello de Ares, resultou vencedor a Cultural de Maniños S.D. ó impoñerse por tres a cero na final ó C.D. Santaballés. Na final de consolación o C.C.R.D. Perlío derrotou á A.D.R. Numancia de Ares por cinco tantos a dous adxudicandose o trofeo de terceiro clasificado.

Prados Vellos, Ares, 12 de agosto de 2012.

Ás 18:00 horas comenzaba primeiro encontro correspondente á final de consolación entre o equipo local e o Perlío. Os de Fene chagaron máis a porta e acadaron moi cedo o primeiro tanto. O Numancia nesta primeira metade non amosou perigo remataría indo ó descanso con unha desventaxa no marcador de 0 a 3.
A segunda metade parecía que sería igual que a primeira ó encaixar o cuarto tanto ó pouco da reanudación. Pero grazas a un penalti que transformou Javi Rubio o Numancia amosou  a sua mellor cara e foi quen de achegarse á meta visitante con maior perigo. Sería novamente Javi Rubio quen acurtaría novamente distancias poñendo o 2-4 no marcador. O partido foise facendo máis trabado i endureceuse, o quinto gol do Perlío pechou o encontro e con ese marcador remataría o terceiro e cuarto posto de este torneo.
Ó remate o concelleiro Eugenio Fernández Lago entregaría os trofeos correspondentes ós capitáns dos equipos.

 

Torneo Cuadrangular de Fútbol Aficionado de Ares 2012. A.D.R. Numancia de Ares. Torneo Cuadrangular de Fútbol Aficionado de Ares 2012. C.C.R.D. Perlío. Torneo Cuadrangular de Fútbol Aficionado de Ares 2012. Final Consolación Numancia - Perlío.

Ás 20:00 horas estaba prevista a final do torneo, o comenzo demorouse un pouco polos actos previos ó encontro. O autor e compositor do novo himno do Numancia, Emilio Mesías Farías, fixo o saque de honra, mentres soaba por megafonía a sua composición. De este xeito a familia numantina quere agradecerlle a sua colaboración coa entidade.

Torneo Cuadrangular de Fútbol Aficionado de Ares 2012. Final Maniños - Santaballés. Saque honor de Emilio Mesías Farías.

No puramente deportivo, a final foi controlada polo Maniños que dispuxo de mellores oportunidades i anotou dous tantos na primeira metade. Pola sua banda o Santaballés máis debil en ataque amosou unha boa labor defensiva a pesar de encaixar eses dos tantos. Na segunda parte cos cambios o partido seguiu na misma dinámica con o Maniños dominando e o Santaballés dando a cara e xerando algún susto os de Fene. O remate os Maniños acabaría vencendo por 3-0 e adxudicándose o torneo.
Ó remate entrega de trofeos a cargo do concelleiro Eugenio Fernández Lago.

 

Torneo Cuadrangular de Fútbol Aficionado de Ares 2012. C. Maniños S.D. Torneo Cuadrangular de Fútbol Aficionado de Ares 2012. C.D. Santaballés. Torneo Cuadrangular de Fútbol Aficionado de Ares 2012. Final Maniños - Santaballés.

Torneo Cuadrangular de Fútbol Aficionado de Ares 2012. 4º Clasificado A.D.R. Numancia de Ares. Torneo Cuadrangular de Fútbol Aficionado de Ares 2012. 3º Clasificado C.C.R.D. Perlío. Torneo Cuadrangular de Fútbol Aficionado de Ares 2012. Subcampeón C.D. Santaballés. Torneo Cuadrangular de Fútbol Aficionado de Ares 2012. Campeón C. Maniños S.D.

Dende o Numancia queremos agradecer ós clubs a súa presencia no torneo así como a todo o público que se deu cita nas bancadas de Prados Vellos para presenciar este torneo. A próxima cita de pretemporada será o vindeiro mércores en Prados Vellos donde o Numancia enfrentarase ó Galicia de Mugardos.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.