AFECCIONADOS. TORNEO CONCELLO DE ARES. SANTABALLÉS.
5 ALTAS NO CD. SANTABALLÉS: CHAFA, LUISIÑO, DANI ROCA, MARQUITOS e ALFONSO.
O club de Santa Baia, presidido por José Manuel Cazás Miragaya, abrirá o torneo cuadrangular “Concello de Ares”, disputando a primeira semifinal co Numancia.
Ares, 9 de agosto de 2012
O CD Santaballés participa na 2ª autonómica de Lugo, marcándose como obxectivo para esta vindeira temporada estar nos postos altos da clasificación. Esta entidade conta na actualidade cuns 250 socios e presenta ademais un equipo de veteranos na liga provincial luguesa.
O seu coordinador deportivo, Pity, infórmanos acerca do plantel de xogadores, dirixidos por Mundo, cos que contará para esta temporada 2012-13:
- Porteiros: David
- Defensas: Seo, Ferreiro, Cabanela, Dani Prieto, Dani, Miguel Cazás, Neska
- Medios: Angel Cazás, Alfonso, Chafa, Bouza,Luisiño, Alex, Purriños
- Dianteiros: Eladio, Marquitos, Michi
Con relación á temporada anterior, as novidades son:
Baixas: Oscar, Suso, Chavea, Cascudo,Rubén,Caipiriña,Jorge e Sisó.
Altas: Chafa, Luisiño, Dani Roca,Marquitos, Alfonso.