Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. MANIÑOS, 2 - NUMANCIA, 1.
 
 

AFECCIONADOS. MANIÑOS, 2 - NUMANCIA, 1.

Numancia de Ares. Afeccionados 2011-2012. Maniños 2 - Numancia 1. O Pote 29/04/12VITORIA DO MANIÑOS NO TEMPO ENGADIDO.

Partido caracterizado pola igualdade entre Maniños e Numancia e no que houbo un tempo para cada equipo.


O Pote (Maniños) 29 de abril de 2012.

ALIÑACIONS:

MANIÑOS: Brage (Adrián Gomez 81´), Adrián Fernández, Santi, Iván, Andrés (Nebot 60´), Fonso, Mato (Jomaka 59´), Kike, Diego, Josi (Uxio 83´) e Casteleiro.

NUMANCIA: Carlos, Martín, Costa (Juan 51´), Bule, Jauma, Teti, Manu (Brayan 62´), García, Javi Enrique, Zeta (Jesús 46´) e Rubén.

COLEXIADO: Manuel Bejarano Estepa. Amoestacións: Maniños: Iván, Kike, Uxio e Jomaka. Numancia: Zeta, García, Bule, Juan, Javi Enrique e Marcelino (adestrador). Expulsados Fran (adestrador) por dobre cartón amarelo e José Ramón (Delegado) con cartón vermello.

GOLES:

1 – 0: Mato (min. 6).
1 – 1: Rubén (min. 14).
2 – 1: Jomaka (min. 93).

 



Primeira metade de dominio local cunha boa rotación do balón entre as súas liñas. O Maniños iniciando o xogo dende atrás, polas bandas, e buscando as costas da zaga aresá desbordaba en numerosas ocasións os de Ares. A presión exercida en medio campo polo Maniños, anulou un Numancia que se viu incapaz de entrelazar as súas liñas sendo escasas as chegadas á área local. Sería o Maniños o que se poñería por diante no marcador ao remachar Mato un mal despexe de Carlos. Os de Ares empatarían oito minutos despois nunha rápida xogada por banda que culmina cun centro de Javi Enrique que Rubén de cabeza envía ao fondo da rede. De aquí ao final do primeiro tempo foi o Maniños o que levou o peso do encontro pero faltoulle profundidade e definición. A tres minutos do final puido irse o Maniños aos vestiarios con vantaxe no marcador, pero afortunadamente para os de Ares, un libre directo executado por Diego estrelouse na base do pau. Finalmente 1 – 1 e aos vestiarios.

A segunda metade foi para os de Ares. O Numancia exerceu unha forte presión na saída dende atrás sobre o conxunto local coa que o Maniños non se sentiu nada cómodo en todo este período. A presión dos dianteiros aresanos sobre a zaga local propiciou moitas perdas de balón dos locais o que lles levou moito perigo á súa área. Nun deles Rubén encara a Brage ao que supera por alto, e cando o balón iba a porta sacao un defensa. A replica douna Casteleiro dos minutos despois estrelando un remate de cabeza no corpo de Carlos. O Maniños con balóns longos intentaba sorprender á zaga aresá, pero nesta segunda metade estivo moito máis solvente que no primeiro tempo. Ambos os dous equipos dispuxeron de ocasións para materializar algún gol, máis por parte do Numancia, pero non houbo acerto. A ocasión máis clara para os de Ares foi no minuto 80 ao dispoñer dun penalti, pero Brage adiviñou a traxectoria do esférico golpeado por Javi Enrique e rexeitou a pena máxima. O rexeitamento volveu golpealo o dianteiro aresano pero Brage rexeita de novo. Nos últimos minutos de partido o Maniños dispuxo de ata catro lanzamentos de falta consecutivos sobre a área do Numancia, e no último deles, Jomaka de lanzamento maxistral por enriba da barreira pona en toda a escuadra dando a vitoria ao Maniños. Vitoria se cabe un pouco inxusta polo visto no terreo de xogo. O máis xusto tería sido un empate, pero os goles son os que manda.

O peor do partido, sen lugar a dúbidas o colexiado. Non hai máis que ver o parte de GUERRA, por que á vista das tarxetas, parece que no Pote houbo un batalla campal. E nada máis lonxe da realidade, foi un partido tenso e intenso, pero deportivo. Algunhas da sancións son merecedoras, recoñézoo, pero outras ben podía telas aforrado, tanto para un coma para outro equipo. O colexiado hoxe foi un pouco inxusto e non aplicou a mesma vara de medir.

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.