AFECCIONADOS. NUMANCIA, 1 - CEDEIRA, 2.

ADR Numancia de Ares. Afeccionados 2011-2012. Numancia 1 - Cedeira 2. Prados Vellos. 13/11/11.FALTOU ALGO DE SORTE
Os de Ares desaproveitaron clarísimas ocasións de gol, pola contra o Cedeira estivo máis acertado nas que dispuxo e levou os tres puntos de Prados Vellos.


Ares 13 de novembro de 2011.

ALIÑACIONS:
NUMANCIA: Carlos, Martín, Pedro Machado, Bule, Jauma (Jesús 69´), Teti (Álvaro 83´), Jorge (Borja 85´), Manu (Dani 75´), Rubén, Javi Enrique e Sylla.

CEDEIRA: Yisas, Richy (Toni 89´), Suso, Pati, Iago, Rubén, Charly, Alex (Dani 69´), Esteban (Jorge 61´), Álvaro e Thiago (Cristóbal 77´).

COLEXIADO: Alejandro Méndez Bouza (Delegación de Ferrol). Amonestou a Bule, Rubén e Álvaro polo Numancia, e polo Cedeira a Pati, Chaly, Jorge e Dani.

GOLES:
NUMANCIA: Rubén (min. 21)
CEDEIRA: Suso (min. 36) e Thiago (min. 47).

 

 

Hoxe presentábase en Prados Vellos o novo equipamento dos afeccionados para as próximas tempadas. A nova equipación está promocionada polo Concello de Ares e na camiseta reza a inscrición “VIVE ARES”. Para a súa presentación contamos coa presenza de D. José Juan Vilar Rico, Concelleiro de Deportes que acompañou a plantilla na foto oficial.

Antes de dar comezo ao encontro fíxose entrega do trofeo Murillo Viteri a Pedro Machado como xogador mais regular do mes de outubro. Fixo entrega do agasallo Manel Pérez, representante da adega Murillo Viteri para a zona de ferroltera. Os nosos parabéns a Pedro polo merecido premio.

Partido complicado hoxe para os de Ares que, entre lesionados e sancionados, presentábansen contra o Cedeira con moitas baixas. Fran e Marcelino tiveron que botar man da canteira e convocaron un total de catro xuvenís para completar a plantilla.

Primeira parte que comezou con pouco ritmo e moito centrocampismo por parte dos dous equipos. No minuto 21 chegaría o gol aresán. Balón colgado ao área do Cedeira que despois do rexeite da defensa queda morto no punto de penalti e Rubén de forte disparo envía ao fondo da rede. A partir do gol numantino o partido collería algo de ritmo por parte do Cedeira que empataría no minuto 36. Córner que bota o equipo visitante, fórmase un rebumbio na área, o balón queda solto e Suso de disparo frouxo, pero efectivo e axustado á base do pau empata para o Cedeira. Antes da finalización da primeira metade o Numancia disporía de dúas boas ocasións para adiantarse de novo no marcador pero non se materializaron, polo que se chegou ao descanso con empate a un gol.

A segunda metade comezaba mal para os de Ares. Aos dous minutos do seu inicio, centro lateral ao segundo pau onde Thiago en pugna con Martín adiántaselle e marca o segundo para o Cedeira. Quedaba moito por diante e a remontada aínda era posible. Pero o partido foi un calco da primeira metade, aínda que tivo moita máis intensidade. De novo moito xogo no medio campo e balóns aéreos que terminaban a maior parte das veces nas mans dos porteiros. Viuse máis control de balón por parte do Cedeira, pero máis perigo por parte dos de Ares que volveron ter as ocasións máis claras, pero non materializaron. Finalmente o marcador non se movería e chegaríamos ao final dos noventa minutos con vitoria visitante por 1 - 2.

En resumo partido pouco vistoso por parte dos dous equipos. Moito centrocampismo e moito xogo aéreo que desluciu o espectáculo futbolístico. Os de Ares, se temos en conta as oportunidades das que dispuxeron, puideron facerse claramente cos tres puntos, pero nalgunhas ocasións non estiveron acertados de cara a porta, e noutras tiveron mala sorte. O Cedeira tampouco fixo un bo partido e aínda que dispuxo de menos ocasións, aproveitounas mellor e levou a vitoria. Quizais unha vitoria algo inxusta, pois o resultado máis xusto quizais fose un empate. Pero ¡¡¡goles son amores!!!

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.