AFECCIONADOS: NUMANCIA 2 – BARALLOBRE 2

Melloría no xogo dos de Ares e xusto reparto de puntos.

Sábado 28 de Febreiro de 2008

Juan Alberto

Categoría: 2ª Autonómica

Numancia 2 – Barallobre 2

ALINEACIÓNS:

NUMANCIA: 1 Sergio, 2 Bule, 3 Fran, 4 César, 5 Vicente, 6 Borja, 7 Julio, 8 Teti, 9 Jesús, 10 Oli, 11 Rubén, 12 Eloi, 13 Kiko, 14 Javi, 15 Jaume, 16 Dani

BARALLOBRE: 1 Brage, 2 Pincho, 3 Juan, 4 Zalo, 5 Fonso, 6 Iván, 7 Javi Enrique, 8 Kiko, 9 Zalo, 10 Angelillo, 11 Telmo, 12 Fernando, 14 Raúl, 15 Xavi, 16 Iván

GOLES:

1 – 0 : Rubén recibe balón en banda esquerda penetra na área, lévase ó seu marcador en regate hacia o interior e bate a Brage de tiro ca perna dereita polo pau corto (minuto 20).

1 – 1 : Balón metido en profundidade entre os centrais do Numancia que Vicente non logra cortar, recibe Zalo que encara portería e bate a Sergio (minuto 27).

1 – 2 : falta lanzada dende banda dereita por Juan hacia o punto de penalti e remate de cabeza de Telmo que entra en carreira sin moita oposición (minuto 46)

2 – 2 : balón a banda dereita a Javi que regatea ó seu defensor centra e o balón é cortado por un defensor ca má, penalti que transforma Borja de tiro axustado (minuto 72 ).

CAMBIOS:

Numancia:

Javi X Teti no minuto 52

Jauma X Fran no minuto 58

Dani X Julio no minuto 64

Eloi X Oli no minuto 83

Barallobre:

Fernando X Javi Enrique no minuto 70

Raúl X Angelillo no minuto 75

Xavi X Pincho no minuto 80

TARXETAS:

Numancia: reciviron tarxeta amárela Bule, César, Vicente, Jauma e Javi ; o adestrador Juan Alberto reciviu dos cartóns polo que foi expulsado na primeira parte.

Barallobre: foi expulsado o xogador nº4 Zalo por doble tarxeta amárela no minuto 90.

S.D.R. Numancia de Ares. 2ª Autonómica. Temporada 2008-2009. Prados Vellos. Numancia - Barallobre.
 S.D.R. Numancia de Ares. 2ª Autonómica. Temporada 2008-2009. Prados Vellos. Numancia - Barallobre.
   
 S.D.R. Numancia de Ares. 2ª Autonómica. Temporada 2008-2009. Prados Vellos. Numancia - Barallobre.  S.D.R. Numancia de Ares. 2ª Autonómica. Temporada 2008-2009. Prados Vellos. Numancia - Barallobre.

 

COMENTARIOS:

Moita igualdade no partido disputado o sábado entre o Numancia e o Barallobre igual que sucedera no partido da primeira volta no Ramo.

Notable melloría no xogo do Numancia respeto ós útimos encontros, onde tiveron maior posesión e circulación de balón facilitando o xogo polas bandas tanto para desbordar en un para un coma para penetrar en diagonal no área rival. Empezou mellor o Numancia que creou moito perigo habitando moito campo en amplitude en balóns a Julio e a Rubén. O primeiro gol nace precisamente dunha rápida circulación de balón que chega a banda esquerda para que Rubén desborde en regate hacia dentro para rematar ca perna dereita a Brage de tiro raso ó pau corto. O Barallobre creou moito perigo con balóns profundos a Zalo, que una vez que tiña o balón controlado era moi difícil paralo, Javi Enrique por una banda e Telmo por outra tamén facían perigo xa que gañaron en varias ocasións a línea de fondo, pero  a principal amenaza do Barallobre no partido do sábado era o balón parado con homes como Zalo, Telmo ou Iván que dominan mi ben esa faceta. O empate do Barallobre o logra Zalo no minuto 27 de partido nun balón profundo entre os centrais no que o Numancia reclama fora de xogo e o 1 a 2 é obra de Telmo ó rematar un balón parado que saca con moita intención Juan cando estaba a rematar a primeira parte. A segunda parte estivo moi entretida con ocasiós alternas polos dous bandos, a actitude do Numancia para defender o balón parado foi de moita maior agresividade e sufriu menos neses balóns., a aparición no medio do campo de Javi lle deu maior posiblilidade de desenganche, maior profundidade e deste maior dominio chegou o empate.

Xusto reparto de puntos nun partido no que destacou a melloría no xogo dos de Ares.


Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.