AFECCIONADOS. NUMANCIA, 4 - SPORTING CIDADE, 3.
A vitoria dos de Ares fronte ao Sporting Cidade de A Coruña permitiulles alzarse coa terceira praza no Torneo de Maniños.
Maniños 7 de agosto do 2011.
ALINEACIONS:
NUMANCIA: Xaime, Costa, Pedro Machado, Bule, Zeta, Alex, Carlos, Javi, Rubén, Manu e Sylla. Na segunda metade sairon César, Ibra, Antón, Vicente, Borja, Jorge, Teti, Jesús e Martín.
SPORTING CIDADE: Pinto, Andre, Prosi, Pablo Sánchez, Charli, Vega, Pichón, Fili, Aaron, Diego e Hugo. Na segunda metade sairon Marcos, Jorge e Víctor.
Merecida vitoria dos aresáns na final de consolación do Torneo de Maniños ante o Sporting Cidade de A Coruña. Os de Ares levaron o peso da práctica totalidade do encontro sendo claros dominadores deste. Malia iso serían os coruñeses os que se adiantarían no marcador no minuto 9 por medio de Aarón ao aproveitar unha falta de entendemento entre o gardameta e un defensor local. Intentárono os de Ares durante toda a primeira metade, e fixeron méritos máis que suficientes, aínda que dous disparos ao pau, un ao longueiro e dúas boas intervencións de Pinto o impediron. Non sería ata o minuto 40, cando Javi controla un balón co peito, báixao e establece a máis que merecida igualada. Pouco duraría a alegría, pois catro minutos despois Pablo Sánchez de libre directo pon de novo aos coruñeses por diante. Con vitoria visitante por 1 - 2 marchariamos ao descanso.
Na segunda metade virían os movementos de banco, cambios de posición e tácticas de xogo ao obxecto de ir perfilando a base do equipo. Baixaríase algo a intensidade e o cansazo afloraría en ambos os dous conxuntos, normal e lóxico a estas alturas de tempada. A pesar diso aínda veríamos catro tantos máis. O empate a dous sería obra de Carlos no minuto 55. E no 61´ Zeta poñería por diante os de Ares ao aproveitar unha indecisión entre un defensor e o gardameta visitante. De novo Pablo Sánchez empataría para os coruñeses no 70´. E no 88´ unha bonita xogada de combinación que culmina co gol de Alex supoñería a vitoria aresá.