AFECCIONADOS. PRESENTACIÓN
COMEZA A TEMPORADA 2011-12 PARA OS AFECCIONADOS.
Mañá, venres 29 de xullo, ás 20.00 h. botará a andar o balón en Prados Vellos. Os adestradores do primeiro equipo, Bardanca e Marcelino, citaron para a xornada de presentación aos seguintes xogadores:
Ares, 28 de xullo de 2011
Pedro Machado, Vicente, César, Bule, Teti, Rubén Allegue, Zeta, Carlos, Jesús, García, Pedro Blanco, Jorge Loureiro, Pablo Muíños, Jauma, Costa, Martín, Antón, Javi Rubio, Iván Fernández e Mirlo. Ademais, para este primeiro día están citados dous xuvenís: Manu e Borja.
A xornada comezará cunhas palabras da directiva que darán paso á primeira sesión de adestramento da temporada, unha sesión que será breve e que servirá para o reencontro despois das vacacións.
A vindeira semana están previstas tres sesións de adestramento (luns, mércores e xoves) para finalizar cos partidos a celebrar no torneo de Maniños o sábado e o domingo. Nos partidos programados para o sábado, 6 de agosto, os de Ares enfrontaranse o Galicia de Mugardos "B" no campo de O Pote (Maniños). O encontro terá lugar ás 18:00 horas.