AFECCIONADOS. MANDIA, 1 - NUMANCIA, 2.

ADR Numancia de Ares. Afeccionados 2010-2011. Mandiá 1 - Numancia 2. Boavista (Mandiá).¡¡¡SEGUIMOS VIVOS¡¡¡
Vitoria sufrida dos de Ares no aspecto deportivo, pero co que nadie contaba nin esperaba, e que tamén o fora no non deportivo.


Boavista (Mandiá), 22 de maio de 2011.

ALINIACIONES:
MANDIA: Iván, Carlos, Ivi (Toni 90´), Mosquera (Moisés 62´), Cesar, Pablo (Diego 70´), Luís (Jorge 54´), Loren, Balillas, Unai e Pacuco

NUMANCIA: Carlos, Bule, Jauma (Costa 3´), Vicente, Zeta, Pedro Machado (Martín 70´), Jose (Javi 46´), Alex, Manu, Jorge (Quique 68´) e Rubén.

COLEXIADO: D. Fernando Carucho Paz, asistido nas bandas por D. Enrique Larrosa Pérez e D. Álvaro García Santaeufemia (Delegación de Ferrol). Amonestou a Luís, Loren, Unai e Pacuco polo Mandiá. E polo Numancia a Bule, Vicente, Zeta, Pedro Machado, Jose e Javi. Expulsou por dobre cartón amarelo a Quique e Carlos (adestrador) ambos do Numancia.

GOLES:
Mandiá: Jorge (65´)
Numancia: Alex (8´) e Manu (12´).

 



Partido de oitavos de final da Copa Delegación de Ferrol onde o Numancia clasificouse para ós cuartos de final copeiros despois de derrotar no encontro único ó Mandiá no seu feudo de Boavista ante 100 espectadores, sendo máis da metade da gran Marea Vermella.

Tarde preciosa e soleada en Mandiá. Enfrontábanse a partido único, Mandiá e Numancia no marco dos oitavos de final da Copa. Había moito en xogo, o pase ós cuartos de final. Iso notuose no xogo, no campo e no ambiente, aínda que por sorte o beneficiado foi o equipo numantino, cando menos en canto o resultado.

Comezaba o partido cunha boa xogada do Mandiá que termina cun bo remate de Pacuco no minuto un de xogo. Pero alí tiñamos o gran protagonista do Numancia neste partido, o porteiro Carlos que faría a súa primeira gran parada da tarde. Este comezo forte dos locais espertou o Numancia. No minuto 8, Manu rouba un balón en mediocampo, dalle un pase en profundidaze a Alex García para que éste se interne na área e fusile o porteiro local nun gran lanzamento. 0 – 1 para ó Numancia. Sen tempo para que os locais respirasen, no minuto 12 Manu aproveitaba unha das millóns de faltas que fixeron os locais neste encontro para bater ó porteiro cun lanzamento directo. 0 – 2 para o Numancia con todo o partido por diante.

A partires dos goles, o partido comenzou a embarullarse. Moitos contactos, protestas, pouco fútbol. Aínda así, non chegou a sangue ó río antes do descanso, retirándonos ó intermedio co resultado coñecido de 0 – 2 a favor dos de Ares.

Na segunda metade, non podemos contar moito sobre fútbol en sí. O equipo local viuse arriba, intentou por todos os medios, deportivos e non tan deportivos, empatar ó encontro. Carlos primeiro cometía un claro penalti sobre un atacante local. Acto seguido, facía unha gran parada ó lanzamento desde ós 11 metros. Perdoaba o Mandía. Nos seguintes minutos, novo penalti a favor dos locais, algo mais dubidoso que o anterior. Nesta ocasión non erraba o Mandiá conseguindo o 1 – 2 mediante esa pena máxima lanzada por Jorge no minuto 65. Tocaba sufrir no aspecto deportivo. O que ós numantinos non imaxinaban, e que non só sería deportivo ese sufrimento. Como dicíamos, ata o final do encontro o Mandiá buscou o empate por todos os medios posibles. Os xogadores locais daban patadas, amenazaban e insultaban ós numantinos, tamén de vez en cando chegaban con perigo a meta aresá, si, ás veces tamén xogaban ó fútbol. O Numancia resistía e aínda encima levaba tarxetas. Primeiro Quique e logo Carlos serían expulsados por dobre amoestación. Tocaba calar, aguantar e resistir ata o final. O alento da Marea Vermella, o espíritu numantino, e por riba de todo, a coraxe, o sacrificio e a entrega neste partido dos nosos xogadores posibilitaron que o resultado o final do encontro fora de Mandiá 1 – Numancia 2. Tamén o saber estar do persoal numantino permitiu que non houbera ningunha liorta, amén das verbais, no campo de Boavista. Pero iso hai que olvidalo. Resultado final, Mandiá 1 Numancia 2. Iso é o que vale.

En definitiva, vitoria que sabe a gloria, que sabe a.... ¿Copa?. Non, gañouse unha gran batalla, pero non a guerra. Esta é a actitude que toda a afección numantina quere ver dos nosos xogadores. Ten moito mérito aguantar todo o que aguantaron hoxe ós nosos futbolistas. Aínda por riba, gañaron o partido e colocaron a ADR Numancia de Ares nos cuartos de final da Copa.

Hoxe lúns, as 19:00 sortearánse os cuartos de final, que se disputarán de novo a partido único no campo do equipo que saia en primeiro lugar no sorteo. Houbo sorpresas nos oitavos de final, quedando eliminados os dous conxuntos de 1ª Autonómica.

Entran no bombo para os cuartos de final os seguintes equipos:

Numancia, Maniños, Meirás, R. de Neda, Somozas “B”, Barallobre, A Capela e o Miño.

Sorte a todos neste sorteo, do que vos manteremos informados puntualmente.

¡¡¡A MAREA VERMELLA E O NUMANCIA QUEREN A COPA¡¡¡

¡¡¡XUNTOS PODEMOS¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.