AFECCIONADOS. CEBARCA, 0 - NUMANCIA, 3.

ADR Numancia de Ares. Afeccionados 2010-2011. Cebarca 0 - Numancia 3. Bernardino Breijo (Cerdido).VENTO EN POPA... ¡¡¡A OITAVOS¡¡¡
Encontro condicionado polo forte vento e ao que os de Ares souberon sacarlle maior partido.

 

Cerdido 15 de maio de 2011.

ALINIACIONES:
CEBARCA: Tino (Alberto 55´), Oli (Ángel 85´), Juan, Monti (Jose 70´), Cris (Quique 70´), Marco, Xelo (Garrote 85´), Esteban, Carlos, Alex e Kivi.

NUMANCIA: Carlos, Bule (Costa 75´), Jauma (Antón 75´), Vicente, Zeta, Pedro Machado, Jose (Alex 70´), Teti (Quique 75´), Manu, Jorge (Javi 70´) e Rubén.

COLEXIADO: D. Marco A. Calo Sobrado (Delegación de Ferrol). Amonestou a Cris, Juan e Marco polo Cebarca e a Jauma polo Numancia.

GOLES: Rubén (12´), Manu (45´) e Javi (65´).

 



Xornada dos dezaseisavos da Copa da Delegación de Ferrol que se desputaron a partido único. O Numancia venceu con autoridade ó Cebarca no campo do Bernardino Breijo en Cerdido ante 75 espectadores, 50 deles pertencentes a Marea Vermella.

Antes de dar comezo o encontro gardouse un respetuoso minuto de silencio en recordo das vítimas do terremoto de Lorca (Murcia).

Tarde soleada, pero con moito, moitísimo vento na Barqueira. Visitaba o Numancia ó Cebarca, nun partido trampa. Había que gañar a un rival de 3ª Autonómica que non regalaría nada no seu feudo, e tamén habería que loitar contra o vento. Para esa loita, contou o Numancia co apoio da Marea Vermella, que a pesares das comunións e o vento, axudou ó seu equipo a derribar esta primera pedra copeira.

Comezaba o partido co sorteo de campos. Diredes, isto pasa sempre. Pero hoxe queremos resaltar ese momento. O capitán numantino, Manu gañou o sorteo e poido escoller atacar a primeira metade a favor de vento. Algo que foi clave. Como dicimos, o vento favorecía os ataques numantinos na primeira metade. Logo duns minutos de asentamento no campo, os de Ares comezaban a demostrar cal era o equipo de maior categoría no campo. Grazas a maior calidade técnica, o poderío físico e o vento o Numancia pechaba os locais no seu campo. Logo de varias ocasións e de varios córnes consecutivos chegaría o primeiro gol. Un novo córner provoca unha serie de rexeites na área pequena local, o xoven pero experto xogador numantino Rubén, esta moi atento e consigue envíar o balón o fondo das mallas, acadando o 0 - 1 no minuto 12. Seguía o asedio numantino, aínda que algún despiste defensivo propiciaba tímidas ocasións do Cebarca. Nada mais lonxe da realidade. Os aresáns non estaban dispostos a pasar apuros. Unha xogada iniciada por Teti en mediocampo, chega a Rubén que internándose pola banda cede o balón ó goleador Manu que soamente ten que empurrar o balón o fondo das mallas para acadar o 0 - 2 no minuto 45. Con este resultado chegabamos ó descanso.

Na segunda metade, comezou o Cebarca mais metido no encontro. Tiveron algunhas chegadas, aínda que sen moito perigo. Volveu o Numancia a facerse co dominio do encontro, chegaban as ocasións para matar o partido. Nunha delas, Bule márcase unha bonita galopada pola banda dereita, chega a área regatea a un defensor e cede o balón a Javi que soamente tuvo que empuxar o esférico para conseguir o 0 - 3 definitivo, no minuto 65. De ahí ata o final do partido, poidemos ver ós minutos da basura. O partido endureceuse e careceu de intensidade. Todos agardaban o asubío final, o cal chegaba no minuto 90 e que consumaba a clasificación do Numancia para os oitavos de final da Copa Delegación de Ferrol.

En defintiva, non foi o mellor partido do Numancia nesta tempada. Ainda que hoxe con forte vento pouco máis se podía facer. Pero si foi un partido serio e coa intensidade suficiente para dobregar o Cebarca e o vento.

Agora toca soñar. Hoxe luns, ás 19:00 na sede da FG de Ferrol, sortearánse os oitavos de final. Uns oitavos que se disputarán a partido único, no campo do equipo que saía en primeiro lugar no sorteo. Entran no bombo, os favoritos, Perlío e Eume da 1ª Autonómica. Equipos da 2ª Autonómica, como o Maniños, Neda, Meirás, Os Amigos, Capela, Rosalía, Mandiá, Somozas “B”, Aspirantes, Barallobre e o noso Numancia. Tamén entran no sorteo os supervivintes da 3ª Autonómica, capaces de todo nesta Copa. O Miño, Estrella e o Galicia de Caranza.

¡¡¡Que o bombo copeiro reparta sorte¡¡¡

O Numancia e a Marea Vermella teñen licencia para soñar.

¡¡¡Todos xuntos a pola copa¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.