Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. ASPIRANTES, 4 - NUMANCIA, 1.
 
 

AFECCIONADOS. ASPIRANTES, 4 - NUMANCIA, 1.

ADR Numancia de Ares. Afeccionados 2010-2011. Aspirantes 4 - Numancia 1. A Gándara.PARTIDO PARA ESQUECER.
Pésima imaxe do conxunto numantino fronte a un equipo que con esta vitoria aínda aspira á permanencia.


A Gándara (Ferrol) 10 de abril de 2011.

ALINIACIONS:
ASPIRANTES: Dopi, Paco (Bruno 48´), Nene, Rodrigo, Popi, Miguelito, Quique, Tabo, Miki, Iago (Brea 72´) e Diego (Pere 68´).

NUMANCIA: Carlos, Bule, Costa (Amenedo 86´), Alex, Zeta, Jauma (Martín 84´), Teti (Quique 55´), Javi (Rula 66´), Manu, Jorge (Pedro Machado 62´) e Rubén.

COLEXIADO: D. Antonio Belizón Flores (Delegación de Ferrol). Ningunha amoestación.

GOLES:
Aspirantes: Iago (3) (41´, 60´, 72´) e Pere (74´).
Numancia: Quique (81´).

Primeira metade soporífera e da que pouco hai que contar. Primeira metade con pouco fútbol e poucas ocasións de gol, e na que o Aspirantes puxo as poucas ganas, fronte á desgana dos aresáns. Destacaremos desta, un disparo de Jorge no minuto 18 que Dopi rexeita a córner. No 26´, a replica do Aspirantes cun disparo de Iago que se vai pegado ao pau. No 39´ gran ocasión do Numancia para adiantarse no marcador, Javi, nun man a man fronte ao gardameta local, pícalle o balón pero a vaselina quédase curta. E no 41´ o primeiro tanto local que marca Iago de forte disparo dende fóra da área. Gol que suporía o 1 - 0 co que marcharíamos ao descanso.

Na segunda metade os de Ares, lonxe de mellorar, empeoraron no seu xogo. Estiveron mal colocados, con moita distancia entre liñas, e malas coberturas o que supuxo que foran unha autentica coladera. Froito deses espazos chegarían os goles locais. Minuto 60, centro ao segundo pau que recolle Iago, posiblemente en fóra de xogo, quen de forte disparo cruzado bate a Carlos, 2 - 0. Este gol foi suficiente para levantar a moral do equipo ferrolano que se veu arriba e definitivamente fixose dono do encontro. No minuto 72, chegaria o 3 – 0, nunha preciosa xogada de combinación da dianteira do Aspirantes, despois dun balón pelexado no círculo central, centro cruzado ao lateral da área, un dianteiro ferrolano a para, a controla e dá un pase medido á banda contraria, onde Iago entrando dende atrás remata en carreira ao fondo das mallas. Cos de Ares totalmente entregados e sen ideas, dous minutos despois chegaría a sentenza. Minuto 74, balón colgado á área numantina que Pere, remata a pracer ao fondo das mallas. 4 - 0 e fin da historia.

Intentaron os de Ares, nos últimos minutos lavar a pésima imaxe dada ao longo do encontro, pero xa era tarde. Aínda así no minuto 78, Rubén enviaría un balón ao pau. E tres minutos despois, Quique marcaría o gol da honra numantina, ao rematar de cabeza un centro de Rubén. Gol que soamente contentou ao rapaz por ser a seu estreo goleador co primeiro equipo. Pero que nin sequera serviu para maquillar a pésima actuación do equipo mostrada ao longo de todo o encontro.

Como o máis positivo no conxunto aresán, quedámonos cos minutos dos que van dispoñendo os xogadores da canteira que van entrando nas convocatorias de Carlos Rodríguez. Sen dúbida unha grande aposta. Hoxe puidemos ver un novo debut, o do xuvenil Amenedo. E tamén, unha vez máis, ao xogador cadete Quique, que hoxe dispuxo de máis minutos que en partidos precedentes, e ben que os aproveitou marcando o gol da honra aresá. O primeiro gol, dos que esperemos, sexan moitos nun futuro. Os nosos parabéns.

Con respecto ao rival. Hoxe vimos, no Aspirantes, a un equipo que quixo ter o balón, un equipo que se agarra á permanencia, un equipo que ve a luz ao final do túnel e que despois do resultado de hoxe aínda a ve máis. Isto foilles suficiente para dobregar a un Numancia que hoxe mostrou moi poucas, por non dicir ningunhas, aspiracións. Non queda máis que felicitar aos ferrolanos polo seu bo facer, a súa garra e o seu pundonor, un equipo que tivo ilusión e quixo o balón. Un equipo que hoxe deu unha lección a un Numancia que non estivo á altura das circunstancias.

 

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.