AFECCIONADOS. CARIÑO, 2 - NUMANCIA, 4.

ADR Numancia de Ares. Afeccionados 2010-2011. Cariño 2 - Numancia 4. Municipal de Cariño.GRAN PARTIDO E GRAN VITORIA.
Como rezaba no titular da convocatoria "en busca dá sorpresa na casa do líder", e a boa fe que deron un sorpresón. Ao final do encontro Manolo Canto, adestrador do Cariño, algo contrariado polo xogo do seu equipo, manifestaba " Os de Ares gañaron por botarlle mais ovo.... "

Cariño 27 de febreiro de 2011.

ALINIACIONS:
CARIÑO: Raúl, Adán (Eduardo 58´), Roberto, Aneiros, Candales, Alvelo, Mikel (Taracido 70´), Rolin, Adrián (Pena 58´), Damián e Jonatan (Alejandro Docal 58´).

NUMANCIA: Carlos, Bule, Costa, Jaume, Vicente (Antón 68´), Zeta, Jorge (Javi 58´), Alex (Martín 70´), Manu, Rubén e Carlitos (Jose 58´).

COLEXIADO: D. José Luís Corral Franco (Delegación de Ferrol), amonestou a Adán, Aneiros, Alvelo e Mikel polo Cariño, e a Vicente, Zeta e Carlitos polo Numancia.

GOLES:
Cariño: Rolín e Alejandro Docal.
Numancia: Manu (2), Roberto (p.p.) e Rubén.

 



Outro domingo máis de fútbol, pero non outro calquera, nesta ocasión tocaba comer cedo para preparar a viaxe a Cariño. Alí esperábanos o líder, un equipo difícil de doblegar, e un campo do que poucos conseguiron sacar algo positivo. Pero os de Ares non estiveron sós, unha vez máis a ¡¡Marea Vermella!!, acudiu á chamada e foron moitos os siareiros que se desprazaron ata Cariño para arroupar o seu equipo. Unha vez máis, un DEZ, para a fiel afección, á que nin o frío, nin a auga, nin as distancias lle son impedimento para estar onde teñen que estar. Animando e alentado a este gran equipo que nolo agradece, facendo o que saben facer, gañando partidos.

O encontro comezou con moita presión en mediocampo por parte dos dous equipos conscientes do que se estaban a xogar. Aos de Ares, nos minutos iniciais, custoulle un pouco coller o ritmo do encontro, pero pouco a pouco foron impoñendo o seu xogo. Carlos Rodríguez manifestábanos ao final do partido "hoxe viñemos aquí cun planteamento técnico diferente ao que empregamos habitualmente, a cousa saeunos ven, e conseguimos o obxectivo”. Pero cando mellor o estaban a facer os de Ares, nunha contra con disparo final de Rolin, o balón desafortunadamente touca en Vicente, engana a Carlos e supón o primeiro tanto local, aos vinte minutos de iniciado o encontro. Malia todo, os de Ares lonxe de virse abaixo, continuaron coa súa filosofía de xogo e dez minutos despois empataron o partido por medio de Manu, quen de fortísimo disparo cruzado bate a Raúl. Gran gol do dianteiro aresán. Posiblemente os de Ares, antes do descanso, mereceron algo máis posto que o colexiado non sinalou dous posibles penaltis, un sobre Manu e outro sobre Carlitos. E este último xogador, no minuto 42, estrelou un remate de cabeza na cruceta. Finalmente marchamos aos vestiarios con empate a un gol.

Nada máis iniciada a segunda metade e aínda acomodándonos nos asentos, centro de Bule que controla Manu no semicírculo da área, revólvese entre os defensas e dispara a porta, pegando o balón nun defensor. O rexeitamento favorécelle de novo o dianteiro aresán que no seu segundo disparo envía o esférico ao fondo das mallas, 1 - 2, cando só levábamos trinta segundos de tempo. Con este resultado, e a teor de como se desenvolvera a primeira metade, o encontro poñíaselles moi de cara aos de Ares. A raíz do gol numantino o Cariño comezou a apertar, e viñeron os cambios, metendo xente importante arriba. Os de Ares tamén realizaron os seus cambios reforzando o centro do campo. Ante a necesidade local, durante algúns minutos o Cariño levou o peso do encontro. Pero no minuto 63, nunha contra do Numancia, e con algo de fortuna, chegaría un gol moi importante para os de Ares. Centro moi pechado de Zeta á área rival onde Roberto no seu intento de rexeitamento introduce o balón en propia porta, 1 - 3. Con este gol igualábase tamén o marcador de tantos en propia porta. Este gol sentou como un xarro de auga fría aos locais que os deixou tocados. Chegado o minuto setenta, e nos seguintes cinco, o encontro quedaría visto para sentenza. Minuto 70, fortísimo libre indirecto de Rubén, ao que Raúl responde cunha sensacional estirada, tocando o suficiente para enviar a córner. Os de Ares soben con moitos efectivos a rematar o saque de esquina descoidando en demasía a zaga. Bótase o córner, rexeita a defensa local e organizan un rapidísimo contraataque que Alejandro Docal culmina cun fermoso segundo gol para o Cariño, 2 - 3. Este tanto metía de novo aos locais no partido. Pero pouco duraría a alegría na bancada do Cariño. Pois sen tempo para a reacción, falta lateral que bota Costa ao segundo pau e remate de cabeza de Rubén ao fondo das mallas. 2 - 4 a quince minutos do final. Este gol tirou por terra o xogo dos locais que caeron en desánimo. Intentáronno pero máis con corazón que cabeza. Os de Ares crecéronse e non tiveron máis que aguantar a clara vantaxe do marcador. Con oficio, que non tiveron noutros encontros, solvencia e intensidade gardaron os mobles ata o remate do encontro.

En resumo, importante e gran vitoria dos de Ares, o que lles permite manterse nos postos altos da táboa, e seguir soñando.

A próxima semana toca lidar con outro óso duro, outro equipo que ao igual que nós quere seguir escalando na clasificación. Próximo domingo, NUMANCIA - MEIRAS, ás 16:30 horas en Prados Vellos. Novo reto, novo partido clave para seguir soñando. Esperamos de novo á ¡¡Marea Vermella!!, temos, como sempre, que comezar gañando na bancada. Contamos vós.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.