AFECCIONADOS. NUMANCIA, 1 - A CAPELA 2.

ADR Numancia de Ares. Afeccionados 2010-2011. Numancia 1 - A Capela 2. Prados Vellos.“NON PASOU NADA”
A pesar da superioridade numérica, os de Ares non foron que de doblegar ó rival, e cando quixeron reaccionar xá era tarde.


Ares 20 de febreiro do 2011.

ALINIACIÓNS:
NUMANCIA: Iván, Costa, Pedro Machado (Martín 65´), Vicente, Zeta, Jose (Alex García 56´), Carlitos, Jorge, Manu, Rubén e Javi.
A CAPELA: Jorge, Chus, Noel, Marcos Rodríguez (Canica 79´), Marcos Meizoso, Rubén, Viñas (John 71´), Diego Mosquera, Óscar Rañales, Marcos Martínez (Raúl 50´), Mauro.

COLEXIADO: Juan M. Prieto Rojo (Delegación de A Coruña). Amosnestou a Alex, Javi e Pedro Machado polo Numancia. Polo Capela a Chus, Marcos Rodríguez, Rubén, Óscar Rañales, Mauro, Diego Puentes e Juan J. Pita (adestrador). Expulsou por doble tarxeta amarela a Carlos Rodríguez (adestrador) do Numancia, e con vermella a Marcos Meizoso do Capela.

GOLES:
Numancia: Carlitos.
A Capela: Rubén e Óscar Rañales.

 



Vixésimo cuarta xornada da 2ª Autonómica onde o Numancia fixo ó ridículo ante o Capela deixando escapar uns puntos moi valiosos e importantes en Prados Vellos ante préto de 200 espectadores.

Tarde rara de domingo. Despois da tormenta da maña, con relámpagos, tronos, e moita choiva, a tarde parecía querer respetar ó fútbol, con nubes, claros e boa temperatura. Acompañou ó tempo, pero sorprendentemente… ¡¡¡faltou ó fútbol¡¡¡
Esta vez, ímos resumir ó partido en poucas liñas. No minuto 2 do encontro o conxunto do Capela era quen de poñerse por diante grazas a unha internada por banda, e centro de Mauro, moi ben rematada a gol por Rubén, 0 - 1 e declaración de intencións. Un Capela moi metido no encontro consciente do que se estaba a xogar, e un Numancia ausente pese a sua boa posición na clasificación. Non mellorou moito ó Numancia a raíz do gol. Tiña que chegar una rigurosa expulsión dun xogador visitante no minuto 15, para que ó Numancia comezase a espertar e coller o dominio do encontro. Froito dese dominio chegou un bonito pase en profundidade a Rubén dende o medio do campo, Rubén recolle o balón e centra para que Carlitos fusile o porteiro visitante Jorge. Unha bonita xogada e unha letal conexión da xuventude numantina facía subir o 1 - 1 o marcador. Pero foi un espellismo, ata o descanso, nin Numancia nin Capela xogaron ó fútbol, faltas, centrocampismo, aburrimento… e descanso.

Na segunda metade, volveu ó Capela a amosarse mais enchufado. Froito dese compromiso terían o premio do gol de Óscar Rañales no lanzamento dunha falta. 1 - 2 con 25 minutos por desputar. Decatouse tarde ó Numancia do ridículo que estaba a facer ante a súa fiel parroquia. Nos últimos minutos, con mais corazón que cabeza puxo cerco ó Numancia a portería visitante, pero non era o día. Cando non se quere gañar, non se gaña. O fútbol foi xusto cos dous equipos e a vitoria levouna quen mais a mereceu, por entrega, sacrifico e coraxe, o conxunto de A Capela o que felicitamos por esta importante victoria. 1 - 2, que confirmada o destastre absoluto; uns marchaban resignados e outros moi pero que moi contentos.

En definitiva, moi mal partido do noso Numancia. Esta vez ó equipo non estivo a altura da Marea Vermella. ¡¡¡Unha lástima¡¡ pero… non fagamos sangue, nin tan sequera temos dereito a enfadarnos. Como dí o título desta crónica ou reflexión, “non pasou nada”. Non pasou nada no campo, porque hoxe o equipo non tivo a ben xogar ó fútbol e intentar gañar o partido. Pero, non pasou nada. Temos un equipo do que debemos sentirnos orgullosos, xoven, alegre, con xente de Ares. Lévannos dado moitas ledicias esta tempada, tamén alguna decepción coma a de hoxe. Teñen dereiro a ser perdoados e a afección tamén ten dereiro a esixirlles mais. Estamos seguros, que nos vindeiros encontros, intentarán lavar a imaxe ofrecida neste partido.

Non será fácil ó cometido, toca visitar o vindeiro domingo ó Cariño. Longa viaxe para enfrontarse ó líder da competición. Bonito partido e unha pregunta ¿fará folga de protesta a Marea Vermella e abandonará ó equipo en Cariño? A resposta a tédes vos, lectores e fieles seguidores do club dos vosos amores, o Numancia. Dende aquí atreveríame a dicir que non pero… a afección manda, pero tamén e moi sabia.

Quedan dez xornadas para rematar (a semana pasada equivoqueime, eran once). Dez xornadas para desfrutar, para seguir apoiando ó noso equipo, sen mais presións, e coa ilusión de ver cada domingo a un equipo de ARES competir nos campos de fútbol. Non olvidedes de que na primavera chegará a tradicional e trepitande Copa da Ría, polo tanto, esteamos tranquilos, sexamos intelixentes, ¡¡¡Queda moita tempada para seguir soñando¡¡¡

¿Vémonos ó vindeiro domingo en Cariño apoiando ó Numancia? Seguro que si.

Hoxe mais que nunca:

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.