AFECCIONADOS. NUMANCIA, 3 - CEDEIRA, 0.

ADR Numancia de Ares. Afeccionados 2010-2011. Numancia 3 - Cedeira 0. Prados Vellos.BO TRABALLO E GRAN RECOMPENSA
Encontro moi desputado, e onde se palpou a tensión dende os minutos iniciais, pero que pouco a pouco foron controlando os de Ares.

 

Ares 13 de febreiro de 2011.

ALINIACIÓNS:
NUMANCIA: Iván, Bule, Costa (Teti 75´), Vicente, Zeta, Jaume (Antón 75´), Jose (Carlitos 66´), Jorge (Javi 66´), Manu, Pedro Machado e Rubén.

CEDEIRA: Yisas (Pablo 57´), Juan (Lu 46´), Arturo, Piñón, Iago, Felipe, Pimo, Richi, Bernard, Alfredo (Adrián 69´) e Cris (Alex 53´).

COLEXIADO: D. Fernando Formoso Sánchez, asistido nas bandas por D. Álvaro García Santaeufemia e D. Bruno Ameneiro Pita (Delegación de Ferrol). Amonestou a Bule e Jauma do Numancia e Arturo do Cedeira.

GOLES:
Numancia: Rubén (2) e Zeta.

 



Antes de dar comezo o encontro, Manu recibeu o seu segundo agasallo esta tempada, tras repetir como xogador máis regular, nesta ocasión, do mes de xaneiro. Fran Bardanca, representantes da adega Murillo Viteri para a zona de Ferrolterra, foi o encargado de facer a entrega do agasallo. A nosos parabéns para Manu.

Tamén aproveitamos para darlle os nosos parabéns a Genete, que foi a persoa agraciada co lacón que se sorteou na rifa do día de hoxe. Bon proveito Genete.

Bueno, xa de contado entramos no partido. Vixésimo terceira xornada da apaixoante Liga da 2ª Autonómica onde o Numancia conseguiu unha importante vitoria ante un bo rival como ó Cedeira, en Prados Vellos ante 150 espectadores.

Tarde con nubes, claros e chubascos en Prados Vellos. Pese a iso, a Marea Vermella acudiu a apoiar ó seu equipo nun partido crucial ante o Cedeira, e o equipo, respondeu a ese apoio con moito traballo e cunha importante vitoria.

Foi un encontro moi desputado na primeira metade. Dende os primeiros minutos reflexábase no campo a importancia do encontro. Tensión, xogo trabado, nervos… Unha primeira metade emocionante, moi desputada, con dominio alterno e bastante fútbol directo. Pese a iso, houbo claras ocasións de gol para ambos equipos, algunha mais para ó Numancia. Pero nesta primeira metade o marcador non se moveu, non foi quen nos últimos minutos ó Numancia de poñerse por diante, pese a pechar o Cedeira no seu campo.

Na reanudación, como se fose unha continuación dos últimos intres da primeira metade, chegou o gol do Numancia. Nada mais sacar do centro, unha internada de Manu na área termiña nun centro déste que Rubén remata en primeira instancia o pau, pero o rexeite chégalle o propio Rubén que nun fermoso remate en plancha consegue de cabeza o 1 - 0 no minuto 46 de encontro. Importante gol. Lonxe de pecharse no seu campo, seguiu o Numancia co dominio do balón. Iso si, tivo 10 minutos o Cedeira con claras ocasións e dominio, e nese periodo de tempo ben poido conseguir o empate. Pero como dicíamos, ó Numancia non se meteu atrás, e conseguía sair co balón para achegarse a portería cedeirense. Sería Zeta, nunha internada por banda que termina cun ¿centro? que se envenena e introdúcese no fondo da portería visitante. Un centro – chut que levaría o 2 - 0 o marcador, e algo mais de tranquilidade a parroquia numantina, no minuto 62 de xogo. De ahí ata o final, centrocampismo, tímidas ocasións para ambos equipos, e xa nos últimos intres do encontro, bo pase interior de Carlitos que chega a Manu, internase na área, alcanza a liña de fondo e pase atrás a Rubén para que o xoven xogador da canteira numantina péchase a sua gran actuación neste encontro empuxando o balón o fondo das mallas. Segundo gol de Rubén neste encontro, que suporía o 3 - 0 definitivo, nas postrimerías do encontro. Con este abultado resultado finalizaría o partido, para ledicia da parroquia numantina.

En definitiva, abultada e xusta victoria do Numancia, que obtivo unha inmellorable recompensa ó seu esforzo, entrega e sacrificio durante o partido. Con esta vitoria, seguimos na zona alta da clasificación, deixando bastante descolgado a un bo rival como e o Cedeira.

Quedan 10 xornadas para terminar a Liga. Dez partidos onde ó Numancia medirase a rivais directos como o Cariño, Neda ou Narón “B”, a rivais que loitan por permanecer na categoría, Capela, Mandía, Aspirantes, Rosalía, Barallobre, e a rivais da zona media da táboa, o Meirás e San Sadurniño. Dez xornadas para seguir loitando, para manter viva a ilusión. Dez partidos no que o marxe de error e moi pequeno. Dez xornadas onde o noso Numan necesita que a Marea Vermella siga medrando, e siga apoiando ó equipo partido a partido, cada día con máis ánimo co anterior. Seis puntos nos separan das dúas primeiras posición, pero entre todos, podemos seguir soñando. Próxima cita, domingo ás 16:15 en Prados Vellos ante un rival que venderá moi cara a súa pel, o Capela. Todos xa dende o domingo co Numancia, ninguén pode faltar neste decisivo, emocionante e bonito último tramo da competición.

¡¡¡Marea vermella ó próximo domingo as 16:15 no Numancia VS Capela en Prados Vellos¡¡¡

¡¡¡XUNTOS PODEMOS¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.