AFECCIONADOS. NUMANCIA, 3 - SOMOZAS "B" 0.

SDR Numancia de Ares. Afeccionados 2010-2011. Numancia 3 - Somozas AMBICIÓN, GOLES E VICTORIA.
Despois do fiasco do partido contra o Valdoviño, de novo o Numancia ofreceu a súa cara positiva, saíndo a pola vitoria desde o primeiro minuto. Este e o noso Numan.


Ares 16 de xaneiro de 2011.

ALINIACIÓNS:
NUMANCIA: Carlos, Bule, Costa, Jaume, Pedro Machado, Alex, Jose (Javi 46´), Rubén (Pedro Blanco 66´), Manu, Jorge (Vicente 71´) e Carlos (Teti 83´).

SOMOZAS “B”: Torres, Galego, Marcos, Rubio (Alonso 70´), Héctor, Rubén, Juanin (Chicho 46´), Chistophe (Toni 80´), Santi, Fernando e Martínez.

COLEXIADO: D. Cristián Santos González (Delegación de Ferrol). Amonestou a Jauma, Manu e Carlos (adestrador) polo Numancia. E a Torres, Marcos e Santi polo Somozas “B”.

GOLES:
Numancia: Jorge, Javi e Manu.

 



Décimo novena xornada de Liga na 2ª Autonómica de Ferrolterra onde o Numancia derrotou con claridade o conxunto da UD Somozas “B” no campo de Prados Vellos ante 100 espectadores.

Antes de dar comezo o encontro Manel Pérez, representante da adega Murillo Viteri para a zona de Ferrolterra, fixo entrega dun agasallo ao xogador mais regular do mes de decembro. Neste ocasión o agraciado foi o dianteiro Manu. Dende aquí damoslle a nosa noraboa.

Nunha tarde de domingo bastante fresca aínda que sen choiva, recibía ó Numancia en Prados Vellos ó Somozas “B”, con gañas de resarcirse da derrota e mala imaxe da pasada semana en Valdoviño. Era un partido importante, xa que para seguir arriba, non se podía escapar ningún punto de Ares neste encontro.

Debeu ser todo ó anterior, o que fixo que o noso Numancia saíra moi enchufado e con moitas gañas ó encontro. Moita concentración e ambición, que se traduciu en empuxe e bo xogo con xogadas combinativas que levaron perigo a portería visitante nos 20 primeiros minutos, onde o porteiro do Somozas tivo duas boas intervencións a disparos dos xogadores aresáns. Outra vez estaba perdoando demasiado ó Numancia nos primeiros minutos… pero ós fantasmas disipáronse cando unha boa internada por banda dereita de Alex e rematada por Jorge Barros no segundo pau cun bo lanzamento que se introduciría na meta visitante, no minuto 36. De ahí ata ó descanso poido ó Numancia ampliar a vantaxe, pero non poido ser, retírandose ós xogadores ós vestiarios co 1 - 0 coñecido nunha primeira parte de claro dominio local.

Na segunda metade, ó medio minuto do seu comezo, e despois no 50´, poido ó Numancia conseguir mais vantaxe tras dúas boas xogada, unha por banda e a outra nunha internada no área, na que a dianteira numantina fixo o mais difícil, mandar ó balón fora. A partires de ahí, vivíronse 25 minutos de incertidume, sen ningún dominador claro do partido. Ningún dos dous equipos era capaz de levar excesivo perigo á portería contraria, foi unha fase de partido con moito centrocampismo. Pero no minuto 80 volveu a coller o Numancia a máxima do encontro. Outra boa internada por banda que comeza en Carlos, pase en profundidad sobre Alex que alcanza a liña de fondo, centro raso o área pequena que Javi remata o fondo das mallas, 2 – 0 para os de Ares, parecía que o partido quedaba sentenciado. Limitouse ó Numancia a controlar ó partido ata ó final, e no minuto 84 chegaría o terceiro e definitivo obra do goleador Manu que estivo listo na área aproveitando a indecisión da defensa somozana para despexar un balón. Ese balón foi roubado por Manu que disparou e conseguio ó último gol do encontro. Polo tanto chegouse o final dos 90 minutos co resultado xa coñecido de Numancia 3 - Somozas “B” 0.

En definitiva, bo partido do Numancia. Si a semana pasada dicíamos que non se vira un equipo comprometido no campo, hoxe temos que dicir todo o contrario. ¿Cómo pode trocar tanto un equipo nunha semana?, ¿sería o video previo …..?. Non o sabemos, pero esperemos que non troque mais, xa que o de hoxe en Prados Vellos é o Numancia que todos queremos ver en todos ós partidos. Vitoria importante polo tanto esta semana, que permite ós de Ares manterse na 6ª posición a 4 puntos de distancia cos 3 primeiros clasificados, Os Amigos, Narón B e Cariño.

Agora veñen tres partidos moi importantes para ó Numancia. Tres partidos compricados, dous deles ante rivais directos que poden marcar o devenir do noso equipo na competición. A vindeira semana visitaremos A Pedreira para xogar ante o Galicia de Mugardos “B” (sobran comentarios). A seguinte semana visitará Prados Vellos a revelación da Liga e un dos líderes da competición, Os Amigos CF (partido crucial). Despois ó Numancia visitará O Pote para medirse a outro dos galiños da categoría, o Cultural Maniños (tamén sobran comentarios).

Como vedes, veñen tres partidos compricados. Para todos eles, o plantel aresán ten que contar co maior número posible de siareiros. Estamos seguros de que o próximo domingo a gran Marea Vermella invadirá A Pedreira. Temos que comezar gañando ó encontro nas bancadas por goleada, así que ninguén pode fallar ó próximo domingo en Mugardos para animar ó Numancia. Unha vez que gañemos nas bancadas, tocará animar e axudar ó noso equipo a gañar o derby no campo.

¡¡¡Marea Vermella, convocada para ó próximo domingo na Pedreira as 16:00. Cita obrigada a que ningún bo numantino pode faltar¡¡¡

¡¡¡Vemonos invadindo Mugardos ó próximo domingo¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.