AFECCIONADOS. NUMANCIA, 3 - SAN SADURNIÑO, 1.

SDR Numancia de Ares. Afeccionados 2010-2011. Numancia 3 - San Sadurniño 1. Prados Vellos.VICTORIA CÓMODA E VACACIÓNS.


Os de Ares sentenciaron o encontro nunha boa primeira metade e pecharono na segunda

Ares 19 de decembro do 2010.

ALINIACIÓNS:
NUMANCIA: Carlos, Antón (Jorge 78´), Costa, Jauma, Bule (Martín 65´), Alex, Jose (Teti 74´), Oli, Manu, Rubén (Pedro Blanco 63´) e Carlos (Javi 74´).

SAN SADURNIÑO: Marcos, Antón, Oscar, Rubén da Silva, Fran, Priegue (Alex 72´), Alberto (Amaro 65´), Dani, Rubén Doce (Diego 58´), Germán e Marco.

COLEXIADO: D. Antonio Belizón Flores, auxiliado nas bandas por D. Daniel Barrera Lourido e Bruno Ameneiro Pita (Delegación de Ferrol). Amonestou a Oli do Numancia.

GOLES:
Numancia: Manu (2) e Carlos.
San Sadurniño: Dani.

 



Decimosexta xornada de Liga da 2ª Autonómica onde o Numancia impúxose con xustiza o CD San Sadurniño no último partido do ano 2010 disputado en Prados Vellos ante 150 espectadores.

Nunha tarde de domingo fría, con nubes, claros e orballo despedía o Numancia o ano 2010 enfrontándose a un equipo da zona media da taboa, o San Sadurniño. Pronto poríanse ben ás cousas para o Numancia, xa que no minuto 7, Manu, a pase de Oli, aproveitaba un balón ás costas da defensa visitante para superar de vaselina ó gardameta e conseguir ó 1 - 0 no marcador. Pouco mais tarde, no minuto 12, era Carlos o que anotaba un auténtico golazo empalmando un balón en bote dende 30 metros que se colaba por toda a escadra da portería visitante, e certificaba o 2 - 0 para os de Ares. Foron uns 15 primeiros minutos onde o Numancia mais por empuxe que por xogo aproveitou ás facilidades defensivas dadas polos visitantes para poñer terra de por medio no marcador. Co partido encarrilado, o Numancia foi claro dominador ata o final da primeira metade, facendo bo xogo por momentos e tendo varias ocasións para aumentar a vantaxe, incluído un gol anulado por un dubidoso fora de xogo de Oli, no minuto 24.

Na segunda metade, nada máis comezar, era outra vez o noso goleador Manu o que aproveitaba un balón morto na área visitante para fusilar de novo ó porteiro e sentenciar ó encontro, 3 - 0 no marcador ós 47 minutos de xogo. De ahí ata o final, durmiuse un poco ó Numancia propiciando que o San Sadurniño tivera alguna chegada a área e fora quen de acurtar distancias nunha xogada por banda que terminou cun remate a gol de Dani, que conseguía o 3 - 1 a falta de 30 minutos. A última fase do partido serviu para dar minutos a todos ós xogadores de amboslos dous conxuntos e certificar ó resultado final, xa que os dous equipos pouco fixeron porque se moverá o marcador co que finalizou o encontro, co xa coñecido de Numancia, 3 - San Sadurniño, 1.

En definitiva, un bo partido e unha cómoda victoria para ó Numancia antes de Nadal. Unha victoria que lle serve para rematar como 5º clasificado desta primeira volta, a 3 puntos do Narón “B”, segundo clasificado e a 4 do CD Cariño, actual líder da categoría. Como dicimos, chegamos polo tanto ó final da primeira volta nesta última xornada do 2010. Por diante, queda toda a emocionante segunda volta da competición, onde o Numancia continuará loitando para intentar estar con mellores. Un Numancia que este ano se caracteriza pola forza de todo o seu plantel, se non pode xogar alguen, sempre hai un recambio que cumple con creces. Un Numancia onde a xuventude está comezando a ter importancia axudando ós veteranos a levar esta nave ó mais alto posible. ¡¡¡A seguir así¡¡¡ Agora todos nos merecemos unhas boas vacacións, para desfrutar da familia, dos amigos e das comidas de Nadal.
Retomaremos esta aventura ó próximo domingo 9 de xaneiro no Campo de Mourente en Valdoviño, comezando a segunda volta rendindo visita ó equipo local.

¡¡¡Felices Festas e próspero ano 2011 a todos¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.