AFECCIONADOS.CONVOCATORIA BARALLOBRE - NUMANCIA
POUCOS CAMBIOS PARA O RAMO
Só un cambio con respecto á anterior convocatoria, entrando Antón na lista dos dezaseis convocados.
Ares, 26 de novembro de 2010
Para o partido deste domingo en Barallobre, Carlos Rodríguez non ten que meditar moito a relación de convocados, pois só pode contar cos dezaseis homes que leva. Por lesión, enfermidade, motivos laborais e outros, son varios os descartes, quedando dispoñibles unicamente os seguintes xogadores:
Porteiro: Carlos Arnoso.
Defensas: Bule, Costa, Antón, Vicente, Óscar, Martín e Pedro Machado.
Medios: Álex, Oli, Jorge, Jose e Rubén.
Dianteiros: Javi, Manu e Carlos.