AFECCIONADOS. A CAPELA, 1 - NUMANCIA, 1.

SDR Numancia de Ares. Afeccionados 2010-2011. A Capela 1 - Numancia 1. Os Calzados.OS DE ARES NO APROVEITARON AS OCASIONS E DEIXARON DOUS PUNTOS NA CAPELA.
Septima xornada da 2ª Autonómica de modestos onde o Numancia conseguiu un punto no sempre compricado terreo de xogo de Os Calzados ante 100 espectadores, moitos deles siareiros do equipo aresáns. 

Os Calzados 17 de outubro do 2010

ALINIACIONES:
A Capela: Jorge, Chus (Poli 89´), Rubén, Noel, Marcos, Raúl, Óscar (Gogas 73´), Viñas, Diego (Mosquera 46´), Canica (Cazu 57´) e Mauro (Jorge 81´).

Numancia: Iván, Costa (Jose 66´), Pedro Machado, Vicente, Bule, Rubén, Oli, Zeta, Manu, Jorge (Teti 86´) e Javi (Carlos 81´).

COLEXIADO: Marco A. Calo Sobrado (Delegación de Ferrol). Amosoulle cartón amarelo a Rubén, Raúl e Mauro polo Capela e a Costa e Pedro Machado polo Numancia.

GOLES:
Viñas para A Capela e Rubén para o Numancia.

 



Visitaba o Numancia o campo da Capela nunha tarde asollada pero con aire frío e algo de vento. Non estaba solo o noso equipo neste desprazamento, xa que preto de 50 afeccionados numantinos desprazaronse a apoialo neste partido. Non cabe dubida de que isto motivou o equipo, que saiu o campo coa intención de afianzarse nos primeiros postos e agradecer o esforzo da fiel afección.
Pero no comezo do encontro, o Capela encontrouse cun gol nun corner no que os numantinos non están atentos nas marcaxes e Viñas remata o fondo da rede dende o primeiro pau, 1-0 no marcador os dous minutos de xogo, e todo un partido por diante. Un encontro condicionado polas pequenas dimensións do campo de Os Calzados, que condicionou o xogo do Numancia e a sua alineación, contando para este partido con xente forte e experta no xogo aéreo. Na primeira metade moitos balóns longos, un equipo local mais acostumado a ese tipo de xogo non inquietaba moito os numantinos, moi ben plantados no terreo de xogo. Pola contra, o Numancia si levaba perigo nos seus balóns longos, por medio de Manu e Javi que non acertaron en varias ocasións ante o porteiro local. Pero ese dominio tivo o seu froito nun corner que e rematado por Rubén de cabeza no segundo pau, anotando o empate a 1 tantos no marcador os 25 minutos de xogo. De ahí ata o descanso tímidas ocasións para os dous equipos, pero sen moverse o resultado.

Na segunda metade continuou a mesma tónica de xogo, moito balón aéreo, moita disputa e ocasións de gol para os dous equipos. Tivo o Numancia mais ocasións para levarse o encontro, pero hoxe os nosos homes gol como Manu non tiveron o seu día, e iso notouse. A iso hai que engadir un gol anulado por un fora de xogo dubidoso, e algunhas xogadas nos que os numantinos quedaban sós ante o porteiro e que foron tamén anuladas por dubidosos foras de xogo. Non valia a pena lamentarse, o Numancia seguio indo arriba e acabou encerrando o Capela na sua área con varias faltas laterais e corners que non tiveron o seu froito, deixando o marcador no xa coñecido 1-1.

En definitiva, un empate agridoce para o Numancia, xa que ainda que se conseguio nun campo difícil polas suas características como o da Capela, deu a sensación de que se escaparon dous puntos polo fallo no gol encaixado e as ocasións erradas. O mais positivo, a loita de todos os xogaodores dende o principio ata o final, o gran apoio da afección e o punto conseguido. Un punto que deixa o Numancia na 5º posición da clasificación.

A vindeira fin de semana partido moi importante en Prados Vellos. Visita Ares o CD Cariño, segundo clasificado. Un equipo que conta con moito potencial de mediocampo hacia diante. O Numancia de vencer neste encontro, colocaríase no podiun da 2ª Autonómica. Un feito anecdotico pero que da fe da importancia do encontro da próxima xornada.

Polo tanto, esos 50 afeccionados que hoxe estiveron na Capela teñen que verse multiplicados por 6 para xuntar o vindeiro cando menos 300 numantinos animando o Numancia no seu difícil partido ante o CD Cariño.

Polo tanto, o bo numantino non debe faltar a esa cita, o próximo domingo as 16:30 en Prados Vellos.

¡¡¡Vemonos todos o domingo, non podedes faltar¡¡¡¡

¡¡¡¡XUNTOS PODEMOS¡¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.