AFECCIONADOS. SOMOZAS B, 2 - NUMANCIA, 1.

SDR Numancia de Ares. Afeccionados 2010-2011. Somozas B 2 - Numancia 1. Municipal Pardiñas.O MELLOR OFICIO DO SOMOZAS "B" PERMITEULLES FACERSE COS TRES PUNTOS.
Os de Ares dispuxeron ata de tres ocasións nos derradeiros minutos para empatar o encontro. 

 

Ás Somozas 11 de setembro de 2010

ALINIACIONES:
Somozas “B”: Carlos, Jacinto, Marcos, Antonio Pérez, Miguel, Rubén, Alberto, Daniel, Santiago, Christopher e Óscar Méndez. Tamén xogaron Iván Blanco, Óscar Blanco, Antonio Reboredo e Óscar Galego.
Numancia: Iván, Bule, Antón, Costa, Zeta, Borja, Pedro Blanco, Pedro Machado, Manu, Jorge e Carlos. Tamén xogaron Vicente, Rubén e Teti.

COLEXIADO: D. Antonio Belizón Gómez (Delegación de Ferrol), asistido nas bandas por D. Julio Santiago Augusto e D. Juan Carlos Fernández Núñez.
Amosoulle cartón amarelo a Alberto, Christopher e Óscar Varela do Somozas “B”, polo Numancia a Borja e Pedro Machado; doble amarelo a Carlos e vermello a Javi.

GOLES:
1 – 0: Rubén (min. 71).
2 – 0: Óscar Varela (min. 75).
2 – 1: Manu (min. 82).

 


COMENTARIO:
Primeira metade moi igualada na que os aresáns estiveron ben asentados no terreo de xogo, pero na que o Somozas dominou o xogo aéreo co que fixo moito dano. Unha xogada crave desta primeira metade viviuse no minuto cinco no que o árbitro non pita un claro penalti aos aresáns. E no minuto 40 expulsa a Javi, que se encontraba no banco, con vermello directo. Decisións que quizais condicionaron un pouco o partido. Aínda que nesta primeira metade non houbo un dominador claro e calquera dos dous equipos puido facer gol chegouse ao final da mesma con empate a cero.
Na segunda metade o Numancia saíu algo durmido, custáballe sacar o balón de atrás, e en dous fallos, un ao saque dunha falta, e unha perda de balón na zaga, encaixa dous goles en apenas dez minutos. A partir de hai os de Ares tiveron as súas opcións e nos minutos finais dispuxeron de ata tres ocasións consecutivas, que non aproveitaron, para empatar o partido.
Ao final resultado xusto, nun encontro no que o Somozas se foi impoñendo pouco a pouco, e no que demostrou, moita máis feitura, máis xogo contundente e tivo máis oficio. O Numancia quizais un pouco pola xuventude dalgúns dos seus xogadores pecou de inexperiencia.

MINUTO A MINUTO:
1ª parte.
M 5: claro penalti na área local que o árbitro non sinala.
M 7: disparo dende fóra da área de Borja que Carlos detén sen problemas.
M 24: disparo cruzado de Borja que Carlos detén con bastantes apuros.
M 26: forte disparo dende fóra da área de Santiago que detén Iván en dous tempos.
M 29: balón colgado á área numantina que bota no campo, a defensa aresá non acerta a despexar, e Santiago remata de cabeza por enriba do longueiro.
M 31: forte disparo raso de Santiago axustado á base do pau que Iván con moita dificultade envía a corner.
M 33: disparo de Carlos dende fóra da área que marcha preto do pau da meta local.

2ª parte:
M 56: disparo de bolea de Óscar Varela que marcha excesivamente alto.
M 59: balón ás costas da defensa aresá que recolle Óscar Varela, encara a meta e o ultimo suspiro Costa quítalla dos pés.
M 68: GOOOOOOOOOOOL! do Somozas B, libre directo que executa Rubén e sorprende a Iván ao pau curto, 1 - 0.
M 72: libre directo de Jorge ao segundo pau que non encontra rematador.
M 73: internada pola banda de Christopher, e centro que se pasea por diante da meta numantina sen atopar rematador.
M 75: GOOOOOOOOOOOL! do Somozas B, Óscar Varela quítalle o balón a Antón en mediocampo aresán, encara a Iván e báteo de forte disparo a media altura, 2 -0.
M 78: disparo de Bule dende a semilua dá área que marcha por enriba do longueiro.
M 82: GOOOOOOOOOOOL! do Numancia, penalti sobre Rubén que materializa Manu, 2 -1.
M 85: rexeite do gardameta local que dá en Manu ao botárselle enriba, recolle o dianteiro aresán e en posición un tanto forzada consegue rematar frouxo a porta baleira, Teti por moi pouco non alcanza o esférico que sae rozando a base do pau.
M 86: internada de Carlos na área que aos tropezóns consegue rematar frouxo entre dous defensas, o balón chega a Manu que lanza un forte disparo e o gardameta local de sensacional parada a unha soa man consegue enviar a corner. Execútase o corner que despexa mal a defensa, o balón chega a Teti, e centro chut ao que non chega Vicente por moi pouco.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.