MIGUEL CARBALLEIRA E ANTÓN, PRESENTADOS AO PLANTEL XUVENIL.
O equipo xuvenil do Numancia estará dirixido na temporada 2015-16 por Miguel Carballeira e Antón, substituíndo a Álex González quen se fará cargo dos cadetes.
Os xuvenís da ADR Numancia de Ares desprazáronse ata o campo de O Sinde en O Val para disputar a fase previa da Copa Afaco. O formato triangular enfrontou ós locais de O Val, Galicia de Mugardos e ó Numancia de Ares. Resultou gañador e polo tanto clasificouse para a seguinte rolda o Galicia de Mugardos.
Dolorosa derrota dos xuvenís da ADR Numancia de Ares fronte á SRD Portuarios de Ferrol por 3 a 1 na derradeira xornada de liga no grupo cuarto da 1ª autonómica. O encontro disputado no serán do mércores chegou ó descanso con vantaxe aresán de cero tantos a un.
Partido correspondente a 20ª xornada da Liga Xuvenil Local grupo 4º , disputado na tarde do sábado nun campo de Prados Vellos que rexistrou unha magnífica entrada. O resultado ao descanso era de 1 - 0 favorable ao Numancia.
Vitoria por 1 a 4 do equipo xuvenil da ADR Numancia de Ares fronte o equipo de O Val “B” en encontro correspondente a 19ª xornada do grupo 4º da 1ª autonómica. O encontro disputado no campo sintético de O Sinde na mañá do sábado chegou ó descanso con vantaxe visitante de 0 a 3.
Uso de “cookies”
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”.
Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.