Xuvenís
Xuvenís: Perlío, 1 - Numancia, 3Séguese sumando. Vitoria do equipo xuvenil da ADR Numancia de Ares por un tanto a tres fronte ó CCRD Perlío na súa visita no serán do sábado a Os Pinares. O encontro correspondente a sétima xornada do grupo cuarto da primeira autonómica chegou ó descanso con empate a un no marcador.
Gardouse un minuto de silencio polo falecemento de Marcos Suárez Rosano, pai dun dos xogadores da categoría cadete do CCRD Perlío e tamén compañeiro do adestrador visitante Alex no Bemantes de Veteráns, equipo do que era capitán, D.E.P.
|
||
|