XUVENIS. NUMANCIA, 0 - G. MUGARDOS, 2.

SDR Numancia de Ares, Xuvenís 2010-2011. Trofeo NIN CORAZÓN, NIN CABEZA
Terceiro partido amigable do Numancia con motivo do prestixioso Trofeo “PICAS” desputado o pasado sábado as 17:00 en Prados Vellos ante numéroso público.


Ares 28 de agosto do 2010

NUMANCIA: Tito, Álvaro, Amenedo, Ángel, Pablo, Coco, Iván, Juanra, Manu, Moabe, Dani. Antonio, Pena, Brayan, Jesús, Rubén, Jony, Ezra.

Goles: Javi e Adán para o Galicia de Mugardos.

Colexiada: Dª Raquel Ortega (Delegación de Ferrol)


Tarde asollada e cun vento que aliviaba a sensación de calor, o que agradeceron os protagonistas do partido. Un encontro no que o Numancia saiu moi forte, tendo en sendos balóns longos dúas ocasións de adiantarse no marcador, pero non poido ser. Soamente ata ahí existiu o Numancia, os 5 primeiros minutos. Quizás quixeron gardar ás forzas para a competición ligueira, e soamente mostráronse durante 5 minutos. A partir dese minuto o Mugardos controlou o partido claramente. Bo xogo que o Numancia soamente podía parar con numerosas faltas. Esas faltas eran ocasións de perigo para ós visitantes. O Numancia nas poucas veces que roubaba o balón, enviabaos longos, ou pases imprecisos, e no mellor dos casos precisos, eran estragados por malos controles dos xogadores receptores. Moita precipitación, moitos nervos, moitos erros. Sorprendentemente o resultado ó descanso foi de 0-0 xa que o G. Mugardos fallou varias ocasións claras de gol.
Na segunda metade parecía que se igualaban un pouco ás forzas. Foi un espellismo xa que nun contraataque o Mugardos conseguía o 0-1 por medio de Javi nunha boa xogada elaborada. Case sen tempo para reaccionar, os mugardeses conseguían o 0-2 nunha bonita xogada individual de Joaquín moi ben rematada por Adán. Ahí rompeuse o partido. Chegaron moitos cambios, e parece que o Numancia mellorou e os trocos surxiron efecto. Polo menos, os xogadores numantinos regalaron uns últimos 10 minutos dun fútbol máis elaborado, aínda que sen sorte de cara a porta.
Polo tanto, o hosteleiro aresán “PICAS” entregou o trofeo de subcampión o Numancia e o de xusto campión o Galicia de Mugardos. Un trofeo moi bonito e prestixioso, pero non debemos lembrar que non deixa de ser un adestramento, un encontro amigable de cara a competición ligueira que comeza o 11 de setembro.
 Ata o 11 de setembro moito deberá mellorar este Numancia. Primeiramente deberá de saber como queda a situación de dous xogadores moi importantes no plantel. Falamos do capitán Jorge, que está a facer a pretempada co primeiro equipo da entidade, o que é un orgullo para os seus compañeiros e adestradores de xuvenís, pero tamén unha importante baixa para a defensa do equipo.
Tamén terán que esperar os xuvenís o que sucede con Carlos Arnoso, un dos mellores porteiros da comarca que se encontra facendo unha proba co Pontevedra CF. Outro orgullo para ós numantinos, e outra importante baixa temporal para os xuvenís. Pero ¡¡¡non valen excusas¡¡¡ O plantel do equipo xuvenil do Numancia e o suficientemente amplio e homoxéneo para ofrecer moito mais do que amosou ante o Galicia de Mugardos. Ós xogadores mais veteráns do equipo, ademais dos que xa non son tan novos deben dar moito mais, mellorar individualmente e loitar entre todos xunto cos seus adestradores para que o Numancia xogue mellor ó futbol, sexa unha piña e faga un bo papel nesta tempada 2010-2011. Hai materia prima, pero ten que haber esforzo, pelexa, forza, tranquilidade e sobretodo, por encima de calqueira cousa, teñen que creer en si mesmos e no seu espíritu numantino. ¡¡¡Temos moito tempo por diante para seguir mellorando, e abofé que o faremos¡¡¡

A próxima cita para intentar mellorar a imaxe será o vindeiro sábado día 4 de setembro as 19:00 ante o Eume Deportivo da Liga Galega. Un rival esixente para acabar a pretempada. Esperemos que os aresáns consigan plantarlle cara a este bo equipo, sempre e cando non falte o espíritu numantino. ¡¡¡Tócavos falar a bos rapaces¡¡¡

Hoxe mais que nunca:

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.