XUVENÍS: MIÑO, 0 – NUMANCIA, 10
Partido sen complicacións para os xuvenís do Numancia
Sábado 17 de xaneiro.
Xelo
Campo de Gallamonde. Miño
Alineación Numancia de Ares: Iván, Coco (Pablo), Martín, Antón, Jorgito, Jorge (Many), Rico (Pita), Julio, Carlos, Rubén (Manu) y Pedro.
Goleadores: Jorgito, Jorge, Rico(2), Julio, Rubén, Pita y Carlos (3).
Árbitro: Javier Iglesias Villanueva.
Crónica:
Partido sen complicacións para os xuvenís do Numancia ante un rival que presentou só 10 xogadores sobre o terreo de xogo. O Numancia sentenciou cun bo xogo rapidamente o partido nos primeiros minutos cun tres a cero o que propicio a táctica suicida da defensa do Miño adiantando a súa liña defensiva en exceso para buscar sempre o fóra de xogo do Numancia, táctica que evidentemente non funcionou porque o Numancia retirouse aos vestiarios no descanso cun seis a cero ao seu favor. Na segunda parte o Miño continuo coa súa defensa adiantada e só a falta de acerto dos dianteiros aresáns propiciou que o resultado ao finalizar o choque fóra de dez a cero a favor do Numancia. No partido sería de destacar o labor case perfecto dos dúas centrais do Numancia Martín e Antón intachables no xogo defensivo e moi ben no inicio do xogo ofensivo. Enorme tamén o partido de Pedro que aínda que facía tempo que non xogaba na posición de medio centro estivo a un alto nivel e para rematar tamén destacar o labor de Rico na dianteira, xogando moi fácil e ademais cunha moi boa xogada e definición no primeiro dos seus goles. No equipo de Miño como non pode ser doutro xeito cando atacan tanto o teu portería o porteiro realizo algunha intervención de mérito, pero sobre todo destacar a actuación de Guille que desde a posición de libre desbaratou bastantes ataques do Numancia evitando así que a víctoria fose moito máis ampla.
O persoal ao completo dos xuvenís do Numancia de Ares, quere mostrar a súa dor e pena e sumarse ás mostras de afecto e agarimo que todo o mundo sente polo falecemento de Pedro García; Pedro foi, é e será sempre historia viva do Numancia e permanecerá por sempre nos nosos corazóns. Descanse en paz.