XUVENÍS. SAN SADURNIÑO, 1 - NUMANCIA, 4.

SDR Numancia de Ares. Xuvenís 2009-2010. San Sadurniño 1 - Numancia 4. A Piscina.¡¡¡¡OS XUVENÍS ÁS SEMIFINAIS DO TORNEO DÁ AFACO!!!!

  


San Sadurniño, 21 de maio do 2010.

2ª xornada do Torneo dá AFACO, categoría xuveníl.

SAN SADURNIÑO 1 - NUMANCIA 4.

ALIÑACIÓN: Tobe (Iván), Álvaro, Amenedo (Pita), Jorgito, Martín, Víctor, Manu (Juanra), Coco (Jony), Jorge, Pedro e Díaz (Dani)

GOLES:

1 – 0: Primeira chegada do partido do Numancia, apertura a banda dereita de Díaz internada de Coco que pasa raso a Jorge para que de primeira supere por alto ao cancerbeiro local.
2 – 0: Pase en profundidade a Manu que se interna na área e en pugna co defensa engacha un trallazo que se coa pola escuadra.
3 – 0: Ao comezo da segunda metade boa combinación entre Jorge e Pita que termina con tiro raso e cruzado deste para conseguir o terceiro.
3 – 1: Saque de esquina a favor do San Sadurniño, despexa a defensa do Numancia e tiro afastado dun xogador local que recolle o xogador que sacara o córner para conseguir gol.
4 – 1: Boa acción individual de Juanra que tras desfacerse do seu marcador abre o balón a banda esquerda a Pita que controla, levanta a cabeza e ponlle un gran balón a Jorge que só ten que empuxalo ao fondo da portería.

COMENTARIO:
Partido máis fácil do que se prevía nun principio onde o San Sadurniño tratou de realizar o seu habitual xogo combinativo pero con moitas perdas de balón na zona de iniciación o que provocou numerosas ocasións para os xogadores numantinos xa dende o comezo do partido nas botas de Jorge, Manu e Víctor. Só a falta de acerto visitante e as grandísimas intervencións de Amaro o magnífico porteiro local evitaron que o Numancia sentenciase o encontro moito antes. Día moi caloroso onde o Numancia acusou moito o desgaste físico e por momentos cedeu moitos espazos para xogar ao San Sadurniño que con todo non soubo aproveitalos. Na segunda parte dous bos goles dos aresáns, e xa finalizando o partido numerosas ocasións do Numancia ante un San Sadurniño que deixou moitos espazos que propiciaron claras ocasións para Coco, Pita, Pedro, Jony e ata Martín nun remate claro de testa. Bo partido en xeral de tódolos xogadores numantinos onde a solidez defensiva axudounos a non pasar apuros. Partido moi completo de todos, empezando polos porteiros que sacaron importantes man a man cos dianteiros, pasando polo esforzo físico de Pedro, Coco e Víctor; de novo partidazo enorme do capitán Jorge e moi boa a achega de todos os homes que saíron do banco, Pita con gol e pase de gol, Juanra con boas xogadas individuais e atrevemento co balón, Dani moi participativo en todo momento e con algún bo pase de gol e Jony que a pesar de ser o que menos xogou, se chega a estar acertado faise cun had-trick. A próxima semana xornada de descanso e a esperar para saber quen será o noso rival en semifinais. Necesitamos e esperamos o apoio de toda a afección para o que desexamos sexa unha cita histórica para o Numancia, dous anos consecutivos disputando unhas semifinais. Felicitar ao Numancia de Ares polo impresionante torneo copeiro que está realizando en todas as súas categorías: prebenjamines case clasificados para a seguinte fase, alevíns clasificados como primeiros de grupo para cuartos de final, infantís que xogarán as semifinais, cadetes que xogarán as semifinais, xuvenís que estarán en semifinais e os modestos que esperamos que este fin de semana consigan o seu pase a cuartos de final. Eu só espero que continúe o espírito da copa e que a marea vermella alague os campos de fútbol para apoiar aos nosos xogadores alá onde vaian. Só unha última cousa permitirme dedicarlle está vitoria a un dos mellores seguidores que temos nos xuvenís, fervoroso colaborador e cunha fe cega nos rapaces, está vitoria vai para ti Tropy por todo o apoio mostrado nestes dous últimos anos e a fe cega nas posibilidades dos rapaces; só espero que dende xa comeces a mobilizar á marea vermella para que ruxa apoiándonos no campo. Para rematar e para finalizar, felicitar a todos os xuvenís de primeiro ano que logo de levar tantos anos no Numancia, e polo seu comportamento durante toda a súa traxectoria, merecíanse que o fútbol lles dese unha alegría. Dito todo isto, aínda non fixemos nada, nin gañado nada e queda o máis difícil. Hoxe máis que nunca AUPA NUMAN e espérovos a todos no campo.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.