XUVENÍS. NUMANCIA, 0 - AS PONTES "B", 2.

SDR Numancia de Ares. Xuvenís 2009-2010. Numancia 0 - As Pontes NEGADOS DE CARA AO GOL.
Partido aprazado correspondente á 18ª xornada de liga. 

 

Prados Vellos, 8 de maio do 2010 

NUMANCIA 0 - AS PONTES "B" 2.
Aliñación: Tobe (Iván), Coco, Amenedo, Víctor, Jorgito, Pita (Álvaro), Jorge, Jony, Dani (Ezra), Juanra (Manu) e Martín


GOLES:
0 - 1: (minuto 10): Saque de esquina a favor de As Pontes, desaxuste defensivo do Numancia e remate contundente coa testa dun xogador visitante ao fondo das mallas.
0 - 2: (minuto 80): Co Numancia totalmente envorcado en ataque, pase longo ás costas da defensa numantina e o dianteiro pontes en probable fóra de xogo, bate por alto a Iván na súa saída.


COMENTARIO:
Partido moi igualado con duas partes ben diferenciadas. Primeira parte con dominio territorial e da posesión do balón do equipo visitante que con boas combinacións superaba unha e outra vez o pressing dos xogadores locais. Con todo, este dominio visitante non se manifestaba na zona de finalización, onde apenas inquietaron a portería defendida por Tobe. A pesar de todo foi o equipo pontes o que se adiantou no marcador nunha xogada de estratexia en saque de esquina. Escasas aproximacións do Numancia, algunha xogada por banda de Jony e a mellor ocasión desta primeira parte foi para Pita que só ante o porteiro golpea moi forte e moi lonxe da portería visitante.
Na segunda parte o Numancia modificou o seu sistema, para tratar de non deixar saír xogando ao equipo de As Pontes introducindo un dianteiro máis, e isto dou resultado. A partir do minuto 5 desta segunda parte, o partido convérteuse nun acoso e derribo por parte dos aresáns que contaron con inumerables ocasións para conseguir gol, con entradas por ambas bandas, xogadas de estratexia e barullos na área que non conseguen acabar no fondo das mallas. As mellores ocasións foron para, Jorge que tras un cambio de orientación de Dani non consegue controlar ben o balón cando xa se atopaba só ante o porteiro, barullo dentro da área pequena de As Pontes que termina cun tiro raso de Jony que bloca ben o porteiro, e a máis clara para Coco que en balón raso fronte ao porteiro non consegue batelo. Finalizando xa o partido tiro afastado de Jorgito coa dereita que golpea a cruceta, e agasallo do porteiro pontes na liña de gol que Coco non é capaz de transformar.
Bo partido defensivo, non excesivamente brillante no xogo xa que abusamos do pase longo para chegar directo á portería rival, pero sí un partido onde merecimos cando menos un gol. Destacaríamos hoxe ao tridente fenes con bo partido de Amenedo, Víctor cumprindo ben no seu segundo partido consecutivo como lateral, e Jony con moita desenvoltura no seu xogo e intentando sempre facer cousas, bo partido de Jorgito e Coco en defensa e gran traballo de andar quilómetros de Martín e Jorge. E tamén bo partido de Dani moi traballador para o equipo como sempre.
Finalizou a liga, con moi mal resultado en canto á clasificación, pero con boas expectativas futuras polo xogo mostrado e a evolución dos xogadores máis noveis. A vindeira semana comezamos a copa da AFACO, e xogámonolo todo en dous partidos, nos que nos enfrontaremos a O Val e o San Sadurniño, para poder volver a xogar unhas semifinais de copa. O bonito do fútbol é que cada semana volve rodar o balón e o ocorrido a semana anterior xa non vale para nada, pois iso... a dalo todo na copa e crer en nós que se realmente facemos as cousas ben, podemos con calquera.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.