XUVENÍS. RACING SAN PEDRO, 5 - NUMANCIA,1.

SDR Numancia de Ares. Xuvenís 2009-2010. Racing San Pedro 5 - Numancia 1. Aneiros.DERROTA SEN PALIATIVOS E SEN ESCUSAS.

  


Sábado, 24 de abril do 2010.
ALIÑACIÓN:
Iván (Fivi), Álvaro (Víctor), Martín, Jorgito (Pablo), Pita (Jony), Jorge, Coco, Dani (Juanra), Manu e Díaz.
GOLES:
1-0: Penalti transformado polo San Pedro por man de Pedro dentro da área.
1-1: Contrataque do Numancia onde Coco supera en velocidade aos seus marcadores e só ante o porteiro crúzaa raso ao pau contrario.
2-1: Balón que supera por alto a Martín, recólleo un dianteiro local, que tras dous bos caneos consegue marcar.
3-1, 4-1, 5-1: Todos de similar característica pase ao oco da defensa do Numancia adiantada e o dianteiro resolve só ante Fivi.
CRONICA:
Desastroso partido dos xuvenís, o peor partido da tempada no momento máis importante. O Numancia nunca soubo adaptarse ás pequenas dimensións de Aneiros e viuse superado con rotundidade por un equipo con máis empuxe. En ningún momento tívose o dominio do balón. E a batalla do medio campo sempre a gañaron os rivais. Espellismo o gol do empate que se logrou sen estalo merecendo. A baixa de Amenedo, tendo que modificar o medio campo á postre pareceu definitiva. A xente non deu a cara. Pero se existe un principal responsable desta derrota é sen ningún tipo de dúbida o adestrador que non soubo motivar ao grupo de cara a un partido tan importante como era éste, e tampouco soubo como inculcar no equipo un espírito de loita e amor propio que é fundamental en partidos como os deste sábado. Xa só nos queda intentar sacar algo positivo nos dous partidos de liga que restan por desputar, e como moi ben se di, a clasificación ao final de liga será xusta, sexa a que sexa. A semana que vén visítanos o Eume que vén a Ares a xogarse a liga. Pero visto o deste sábado no campo, case parece que podiamos darlles os tres puntos, e aforrarse a viaxe desde Pontedeume. Sempre que ocorre isto, non se poden ir de valeiro os xogadores veteranos dun equipo, que son os que teñen que dar a cara e por suposto tampouco os de primeiro e segundo ano. Negro futuro nos espera se non cambiamos a actitude.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.