XUVENÍS. NUMANCIA, 4 - ORTIGUEIRA, 1.

SDR Numancia de Ares. Xuvenís 2009-2010. Numancia 4 - Ortigueira 1. Prados Vellos.DE NOVO GOLES E XOGO.

   

 

Prados Vellos, 17 de abril de 2010.


ALIÑACIÓN:
Iván, Álvaro (Jony), Amenedo, Martín, Jorgito, Pita (Dani), Jorge (Ezra), Julio (Coco), Manu, Pedro e Díaz (Juanra).


GOLES:
1 - 0: Pita: Grandiosa xogada colectiva do Numancia que elude a presión do rival en banda con varias combinacións ao primeiro toque para que acabe rompendo Jorgito desde o lateral, controlar e meter un centro ao corazón da área onde Pita entrando con gran forza, cabecea ao fondo da portería. Un golazo.
1 - 1: Descoido da zaga numantina que aproveita un dianteiro do Ortigueira para coa punteira bater por baixo a Iván.
2 - 1: Saque de esquina ben colocado por Pita e Jorgito remata de cabeza suave, cruzado e abaixo ao segundo pau.
3 - 1: Nova acción de estratexia, o balón pasado é alcanzado no segundo pau por Manu que sen ángulo golpea con forza a porta, o balón é rexeitado alto pola defensa é aproveitado por Julio para cabecear desde case o bordo da área para conseguir o terceiro gol.
4 - 1: Balón que rouba Martín en posición adiantada, combina con Pita e tras un rexeite do defensa, faise de novo Martín co balón e desde a esquina dereita da área visitante, lanza un chute que sorprende por alto ao cancerbeiro do Ortigueira. Gran e merecido gol.


COMENTARIO:
Partido contundente o xogado polos xuvenís. Primeira parte con claro dominio do balón por parte do Numancia que mediada a mesma logra un gran gol con combinacións ao primeiro toque, entrada por banda desde o lateral de Jorgito e bo centro que remata Pita con forza, aínda que o porteiro pon as mans non pode evitar que o balón se introduzca na portería. Só por este gol xa valeu a pena subir este sábado pola tarde a Prados Vellos. Segunda parte que se inicia coa contrariedade do empate visitante, perda de balón en zona defensiva, saque rápido de banda e o dianteiro do Ortigueira cóase polo centro para só ante Iván batilo golpeando o balón coa punteira. O Numancia reponse rapidamente do mazazo ante un Ortigueira sen apenas chegada na segunda parte. Dous goles tras xogada a balón parado e último gol para pechar, obra de Martín o mellor xogador no día de hoxe, sen dúbida ponnos os pelos de punta querendo sacar xogados case todos os balóns pero a verdade que é un gustazo ver como un central trata así o balón. Partido brillante en defensa (salvo o primeiro gol), o Ortigueira non dispuxo de ningunha ocasión. Inconmensurable Amenedo que vai cada vez a máis na demarcación defensiva. Bo traballo dos mediocampistas numantinos que foron donos do balón, xerando boas chegadas ao área visitante o que puido converterse nalgún gol máis para os locais. Con este resultado o Numancia abandona momentaneamente o faroliño vermello, algo que levaba buscando moitas semanas. Pero aínda nos quedan tres finais para intentar quedar o máis arriba posible na clasificación. A semana que vén rendemos visita ao Racing San Pedro e de non gañar alí, que non nos caiba dúbida de que volveremos ao hoyo. Esperamos que a melloría mostrada nos últimos partidos maniféstese de novo nesta importantísima final.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.