XUVENÍS. NUMANCIA, 2 - NEDA, 0

Partido resolto con oficio
Partido corresponde á vixésima sétima xornada de liga disputado en Prados Vellos.
 Ares, 13 de marzo de 2010

NUMANCIA: Fivi, Álvaro (Miguel), Amenedo, Jorgito, Martín, Víctor (Juanra), Jorge, Coco (Dani), Jony (Rubén), Pedro (Ezra) e Díaz.
 
GOLES:
 1-0: Bo saque de córner lanzado por Jorge e Juanra, entrando ao remate no primeiro pau, cabecea cruzando ao segundo. Bonito gol.
2-0: Ezra loita un balón co central na frontal da área e o árbitro interpreta man do defensa. Falta frontal moi próxima á área que Jorge transforma de disparo raso e colocado aínda que non excesivamente forte.
 COMENTARIO:  Partido de oficio o sacado adiante polos xuvenís nesta tarde ventosa de marzo. Primeira parte con predominio das defensas e moi física. Só podemos destacar algún disparo lonxano de Pedro e de Díaz. A ocasión máis perigosa veu nunha internada ata a liña de fondo de Coco mais o seu centro, raso, chapouno o porteiro visitante.
A segunda parte resultou máis aberta, en parte debido ao cansanzo físico de ambos contendentes, cun Neda buscando insistentemente o xogo directo aínda que sen inquedar en ningún momento a meta numantina (partido moi fácil para Fivi). O Numancia propuxo máis fútbol e gozou dalgunha boa ocasión nos pés de Pedro, Rubén e Juanra, xa co partido acabado. Resolución de oficio dos xogadores locais nun córner e unha falta directa.
Vitoria xusta porque o contrario en ningún momento creou perigo na meta local. Hai que salientar o bo traballo defensivo, en especial dos dous centrais (Amenedo e Martín) coma case sempre; de Álvaro na súa banda e de Díaz nos labores de contención no medio campo. Bo partido de Juanra, resolutivo desde que entrou no terreo de xogo. No aspecto negativo, as nosas bandas: Coco e Víctor seguen aportando máis ganas ca xogo e o ímpetu excesivo de Miguel costoulle unha nova expulsión.
En definitiva, segue a boa liña de traballo defensivo e cando acertamos con algunha ocasión de gol, puntuamos. A vindeira semana teremos un partido complicado no Val pero é fundamental intentar traer algo positivo para seguir acercándonos aos postos inmediatamente superiores na clasificación.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.