XUVENÍS. ÁNIMAS, 4 - NUMANCIA, 0

SDR NUMANCIA. XUVENÍS. ÁNIMAS, 4 - NUMANCIA, 0.XANEIRO 2010 DERROTA DEMASIADO AVULTADA PARA O VISTO NO CAMPO.
Partido de guante branco o xogado entre os dous equipos da categoría xuvenil o sábado pola tarde no campo da Gándara de Ferrol.
 Ares, 25 de xaneiro de 2010
ALINEACIÓN: Tobe (Pita), Coco, Amenedo, Martín, Jorgito, Víctor (Álvaro), Pedro, Jorge, Manu, Díaz (Jony), Juanra (Ezra).
 COMENTARIO:
Os dous equipos saíron coa intención de realilzar un xogo combinativo e conseguírono. Primeira metade bastante igualada que se rompe a favor do Ánimas cun centro que vén desde a súa banda dereita, bo control do dianteiro que dentro da área pequena fusila a Tobe. Aos trinta minutos da primeira parte lesiónase o porteiro numantino Tobe nunha xogada fortuita cun xogador local. Tobe, cun esguince de nocelo aguanta ata o descanso e é substituído polo central Martín que se coloca baixo os paos. Ao pouco tempo de lesionarse, barullo na área numantina e entre Pedro e Tobe introducen o balón en propia meta. Co dous a cero chégase ao descanso e na reanudación apenas hai cegadas á área de ningún dos dous equipos. No minuto sesenta, fenomenal xogada individual do dianteiro da selección do Ánimas que tras varios regates bate a Martín cun zurdazo axustado ao pao. Cegadas esporádicas do Numancia que non consegue materializar en gol e finalizando o partido, outra indecisión entre Pedro e Martín provoca que se aproveite o dianteiro local para pór o catro a cero definitivo no marcador. Vitoria xusta dun equipo candidato ao título pero quizás demasiado avultada para o visto no terreo de xogo.
Bo partido do Numancia no aspecto de mover o balón e entrega e loita, coma sempre. Destacar o partidazo de Manu cun traballo ata a extenuación; o bo labor do triplete de medio campo: Juanra, Pedro e Jorge; e partido eficaz e efectivo de Amenedo na súa nova posición de central.
O equipo segue amosando melloría no xogo pero seguimos pecando de falta de gol, o que nos obriga a estar perfectos en defensa para poder aspirar a conseguir algún resultado positivo. Necesitamos unha vitoria coma auga de maio que espero que veña en xaneiro para que non decaia o ánimo e nos vaiamos situando na clasificación onde realmente merecemos por todo o traballo semanal e partido a partido que está realizando o equipo.
O vindeiro sábado no partido de rivalidade local contra o Mugardos esperamos realizar o bo xogo que vimos realizando para conseguir a tan ansiada vitoria.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.