Xuvenís.G. CARANZA 2 -NUMANCIA 0

O PEOR NON FOI O RESULTADO


Sábado 21 de Novembro.

Galicia de Caranza 2 – Numancia SDR 0.

Polo Numancia: Tobe, Miguel (Álvaro), Antón, Martín, Jorgito, Díaz (Jony), Amenedo (Ezra), Pedro, Jorge, Dani (Pablo) e Manu. 

Volvendo o titular, era previsible que nun encontro entre o terceiro clasificado (agora segundo) e o antepenúltimo o equipo numantino saíra derrotado, pero o peor foi que tras o segundo gol do equipo de Caranza en probable fora de xogo algúns dos xogadores dedicáronse a quentarlle a cabeza o árbitro e este que tiña certo parecido con Billy o Neno acabou expulsando a Antón e Pedro ademais do adestrador Xelo.

 

Esto fai que a vindeira semana que recibimos o Perlio, un equipo mais ou menos do noso nivel teremos duas baixas importantes.

De todas formas hai que aclarar que non perdemos por culpa do árbitro nin moito menos, a nosa derrota veu dada por que levamos dous partidos( en descargo do equipo hai que aclarar que foron cos dous primeiros clasificados) nos cales fomos incapaces de xerar nin unha sola ocasión de gol, nestes dous partidos o mellor con moita diferencia foi o noso porteiro Tobe que onte incluso fixo unha parada moi similar a que Casillas lle fixo a Perotti e que os periódicos de Madrid convertiron na  parada do século.

Entón considerando que non lle podemos botar a culpa o árbitro, tampouco o porteiro, dando por bo que o equipo ten unha aptitude excelente (onte con nove xogadores no campo traballaron de arreo nos derradeiros vinte minutos e conseguiron manter o resultado), asisten cáseque todos os xogadores os entrenos, Xelo o noso adestrador traballa ben con eles nos entrenos, teremos que empezar  a pensar que a maioría dos equipos son mellores e que por eso nos gañan. Polo tanto hai que seguir adiante ca cabeza alta, tentar seguir mellorando co fin de que ahora que veñen partidos contra adversarios que están a nosa altura na clasificación sexamos capaces de dar un bo pulo e ir gañando en confianza de cara a segunda volta.

Remato recordando que levamos xa varias expulsións, algunhas por darlle o pico o cal non conduce a nada.

 

Tralo partido preguntamos a Xelo que nos dixo o seguinte.

 

O primeiro gol fixonos moito dano xa que ainda que non chegábamos a porteira contraria con claras ocasións si que estábamos movendo o balón con certo criterio no mediocampo e non estábamos pasando por moitas dificultades.

 

Qué nos falta para competir con estes equipos?

 

Desborde. En xuvenís os xogadores que marcan a diferencia son aqueles que teñen desborde, os que son capaces de encarar os oponentes e xerar unha xogada de gol e nos non temos ningún xogador destas características. Para exemplo o primeiro gol do Caranza, nos non temos ningún xogador capaz de facer unha xogada similar.

 

Estás satisfeito cos xogadores?

 

En xeral moito, é raro o entreno que non veñen entre 15 e 17 xogadores, teñen boa aptitude e loitan todo o partido con mais ou menos acerto pero loitan. Necesitamos xa algunha victoria porque senón eles van  perder a confianza e logo a situación é mais difícil de virar.

 

Estamos donde merecemos?

 

Nalgúns partidos non tivemos moita sorte, poidemos gañar o Portuarios, o Cebarca, ningún equipo nos gana con absoluta claridade, aparte do desborde que che dicía antes tamén nos faría falta algo de sorte.

 

Algunha medida extraordinaria?

 

A verdade e que as veces penso na posibilidade de abandonar o 4-4-2 e probar algún sistema de xogo que no pasado doume vos rendimentos.

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.