Xuvenís. NUMANCIA 1- SAN SADURNIÑO 0

A CUARTA…………………………………………………………………………………
Xornada , os xuvenís déronnós a primeira victoria nunha tarde soleada en Prados Vellos nun partido que non será dos que quedan grabados polo xogo desenvolto polos dous equipos. Froxa entrada xa que a afición viaxou a Mugardos o derbi do equipo cadete.

NUMANCIA: Tobe, Álvaro (Jesús m.70), Martín,  Antón, Jorgito, Pablo (Pita m.65), Díaz (Amenedo m.60),Pedro, Coco, Manu, Jorge (Ezra m. 88).
Árbitro: Excepcional, vendo o nivel do arbitraxe que sufrimos cada semana, que pite un árbitro así  é un privilexio.
Gol: m.3 .Centro de Pablo desde a esquerda, Pedro amaga un remate imposible, Manu empalma a bote pronto e falla, quedándolle o balón morto remata por segunda vez alonxando o balón polo ángulo superior esquerdo.
Partido aburrido con momentos de auténtico despropósito nos cales ningún dos dous equipos era capaz de dar dous pases seguidos, sempre lle pasaban o balón o contrario. Contadísimas o-casións de gol, non recordo ningunha parada de mérito de ningún dos dous porteiros e as únicas ocasións de gol foron dous tiros o pau do equipo de San Sadurniño  e polo Numancia o gol e outra ocasión cerca do final nun pase magnífico de Coco a espalda da defensa que Manu estrelou no porteiro.
Polo Numancia destacar o traballo defensivo do equipo en especial a parexa de centrais que son o sustento do equipo, quero tamén aproveitar para destacar o traballo de Manu, non polo gol que non deixa de ser unha anécdota senón pola maneira de loitar traballando duramente na presión, penso que o paso polo banquillo foille moi beneficoso para darse conta de que coa calidade non chega.
Tamén quero aproveitar para falar do acompañante de Manu na dianteira, o noso mellor xogador as veces entendo que se desmoralice por que pasa balóns e devolvenlle melóns, pero o que non pode suceder e que perda mais do 50% dos balóns que recibe intentando regates imposibles, taconazos que non veñen a conto etc.
Cando un ve xogar o Barcelona unha das cousas que chaman a atención e o ímpetu que poñen os dianteiros na recuperación do balón cando son eles os que o perden, quizais o compañeiro de Manu na dianteira cando perdemos o balón ten que axudar a recuperalo, aproveito para decirlle a Jorge que a El e o que lle hai que esixir por que pode dar moito mais por que lle sobran cualidades.
No equipo rival destacar o porteiro, que ainda que sei que a moitos entrenadores non lle gustan este tipo de porteiros, deu un cursiño avanzado de como xogar adiantado e gañar tódolos balóns que tiran a espalda da sua defensa, quedounos por saber se tamén para ben coas mans porque non tiramos a porta.
Finalmente quero destacar que foi dos primeiros partidos que vin en Prados Vellos que a afición dos dous equipos foi ver o partido e non a insultar o árbitro e o rival.
Tamén felicitar os dous entrenadores pola reacción nunha patada a altura do queixelo que un xogador do San sadurniño propinou a Coco, primeiro Xelo, decíndolle o árbitro que non fora intencionado por se expulsaba o xogador rival, e despois o entrenador do Sansa que foi o encargado de facerlle as curas o noso xogador.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.