XUVENÍS: CARANZA, 4 - NUMANCIA, 1
CUESTIÓN DE CONFIANZA
Partido correspondiente a 3ª xornada da Primeira Fase da Liga xuvenil, disputado na mañá do domingo no Municipal Javier Gómez Noya de Caranza.
O resultado ao descanso era de 2-1.
G. CARANZA "B": Ángel(Iván Sardina), Navalón, Iván, Jaime, Héctor, Hugo, Roberto, Dani, Álvaro, Yago (Edgar), Adam (España)
NUMANCIA: Tito, Dani, Jaime(Fran Romaus), Raúl (Piñeiro), Pablo Vascós, Barreiro (Alex Saavedra), Cavezza, Martín, Iván, Alex Feal (Adri García)
COLEXIADO: Juan Jose Silvent Montes. Amonestou a Edgar no Galicia de Caranza.
Comezaban ben as cousas para os numantinos. No minuto 2, un centro frontal que non era capaz de atallar o gardarredes local, quedaba franco para Alex Feal que soamente tiña que empuxar o esférico para anotar a porta baleira o 0-1. Foi mellor o Numancia nos 10 primeiros de partido, tendo Cavezza a posibilidad de facer o 0-2 nun disparo que se marchaba fora por moi pouco. No minuto 15 esperaba o equipo local, rematando Hugo con facilidade un córner no punto de penalti para establecer o 1-1. Entrou un partido nunha fase de centrocampismo, ata que no minuto 29 un erro na saída de balón do Numancia era aproveitada por Adam, para establecer o 2-1. Os numantinos buscaron ó empate antes do descanso cun disparo de Pablo que parou ó porteiro e con varias chegadas a área sen maior perigo. Non huobo acerto, polo que tocaba buscar a remontada na segunda metade.
Na reanudación, saían forte os de Caranza e o Numancia defendíase sen maiores problemas. As mellores ocasións neste inicio da segunda metade eran para os aresáns. Iván mandaba un balón por riba do travesaño e Pablo Vascós enviaba o balón ao fondo da portería ferrolá, pero o colexiado anulaba o tanto por un milimétrico fora de xogo. Nestos partidos o que perdoa o paga, e no minuto 76 un balon longo que non acerta a despexar a defensa numantina, queda en posesión de álvaro que bate a Tito con demasiada facilidade. Non se rendiu o Numancia. Cavezza lanzaba unha falta que a piques estivo de ser gol e Dani atopábase co porteiro local nun disparo por alto. No 80, un balón longo á espalda da defensa numantina o aproveita Álvaro España para facer o 4-1 e sentenciar definitivamente o encontro. Unha pena, porque o Numancia competiu dignamente en Caranza, pero estos partidos decídense por pequenos detalles. Intensidade, concentración e acerto nas áreas.
En resumo, boa imaxe do Numancia xuvenil en Caranza pese ao resultado. Faltou concentración e confianza neste grupo de rapaces. Boas novas tamén como a reaparición de Pablo Vascós e Adrián Garcia despois das suas lesións e o retorno o fútbol de Alex Saavedra. Todos eles xogaron os primeiros minutos nesta temporada. Fondo de armario para un equipo que deberá seguir pulindo detalles para asegurar o pase ao grupo dos mellores e para poder competir contra eles con dignidade como fixo esta xornada ante o G. Caranza "B" a domicilio.
O próximo sábado as 16:30, o Numancia recibirá en Prados Vellos ao Amistade Meirás.
A continuación, podedes desfrutar dunhas fotografías do encontro en Caranza.
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡