DELEGACION FERROLÁ: FINAIS DE COPA 2017
O NUMANCIA TAMÉN ESTARÁ ESE DÍA NA GÁNDARA
G. Caranza e Numancia disputarán a final de Copa xuvenil o mércores, 17 de maio, ás 17.00 h.
Ares, 10 de xaneiro de 2017.
A delegación ferrolá de fútbol informa que, tras a reunión celebrada esta tarde cos clubs implicados, acordouse escoller o mércores, 17 de maio, día das Letras Galegas, para disputar as finais de Copa das tres categorías, segundo o seguinte horario:
- Xuvenil: Galicia Caranza – Numancia, ás 17.00 h.
- Cadete: Galicia Caranza – Eume, ás 12.15 h
- Infantil: R. Ferrol B - Portuarios, ás 10.00 h.
Todos os partidos terán lugar no campo ferrolán da Gándara.