XUVENÍS. FASE DE ASCENSO. SORTEO CUARTOS
SANTIAGO COMPOSTELA B - NUMANCIA
Eliminados na fase de campións, os xuvenís de Ares entraron no sorteo efectuado esta tarde e tocoulles un difícil rival.
Ares, 30 de maio de 2016.
Ascendidos xa o Betanzos e o Bertamiráns, quedan dúas prazas de ascenso que van disputar os oito equipos que entraron no sorteo de hoxe. Estes son os emparellamentos:
A) Olímpico - Porto Burela
B) At. Arteixo - D. Obrero
Os vencedores destas eliminatorias A e B enfrontaranse entre si para conseguir unha praza de ascenso.
C) Xallas - Portuarios
D) Santiago Compostela B - Numancia
Os vencedores C e D xogaranse a outra praza de ascenso