XUVENÍS: IV TROFEO "A CASA NOVA"
NUMANCIA – G. MUGARDOS e BETANZOS – ORILLAMAR
Este martes foi presentada no restaurante “A Casa Nova” a cuarta edición deste trofeo de categoría xuvenil que se celebrará este sábado, 22 de agosto, en Prados Vellos. No acto estiveron presentes Antonio Guijarro, coñecido popularmente por “Rayito” e o vicepresidente da ADR Numancia, Ramón Rodríguez.
Ares, 19 de xullo de 2015
Continuando coa tradición dos últimos anos, o restaurante A Casa Nova, establecemento continuador da Vinoteca “A Porta do Sol”, patrocina este cuadrangular de categoría xuvenil que organiza o Numancia coma un evento máis das actividades de verán da vila de Ares.
A primeira semifinal comezará ás 10.15 h., nun partido clásico de rivalidade local, entre o Galicia de Mugardos e o Numancia.
Ás 12.00 h. dará inicio a segunda semifinal na que teremos oportunidade de ver a dous equipos punteiros da delegación coruñesa: o Betanzos, equipo que participou nas anteriores edicións do trofeo e que quedou ás portas da fase de ascenso á liga galega, e o Orillamar coruñés, conxunto que milita na Liga Galega.
Xa pola tarde, o partido no que se disputará o 3º e 4º posto comezará ás 17.00 h., mentres que a final será ás 19.00 h.
Ademais dos correspondentes trofeos para os catro equipos, doados polo restaurante “A Casa Nova”, tamén levarán trofeo o máximo goleador e o mellor xogador do torneo, regalos de Antonio Guijarro.
![Acto de presentación da IV edición Trofeo xuvenil A Casa Nova.](https://lh3.googleusercontent.com/-la8lrFTAhM0/VdRQ5d4rmtI/AAAAAAAARvg/71sLTczzOws/s800-Ic42/Presentacion%252520Torneo%252520A%252520Casa%252520Nova%2525202015.jpg)
![Cartel IV Trofeo Xuvenil Restaurante A Casa Nova.](https://lh3.googleusercontent.com/-B7IJyuxbpKQ/VdRQ4l7I0BI/AAAAAAAARvY/Pb8sbhpF24E/s800-Ic42/Torneo%252520A%252520Casa%252520Nova%2525202015.jpg)