Inicio Noticias Xuvenís San Sadurniño, 1 - Numancia, 6
 
 

San Sadurniño, 1 - Numancia, 6

ADR Numancia de Ares. Juveniles 2014-2015. San Sadurniño,1 - Numancia, 6 Campo Municipal de Moeche. 12ª jornada de liga Grupo 4º de 1ª Autonómica.

Outro pasiño máis.

Vitoria da ADR Numancia de Ares fronte o CF San Sadurniño por 1 a 6 no encontro correspondente a 12ª xornada da 1ª Autonómica no seu grupo 4º. O partido disputado na mañá do sábado no Municipal de Moeche rematou os primeiros 45 minutos con vantaxe visitante por  1 a 2.

Moeche, 21 de febreiro de 2015.

Aliñacións:

CF San Sadurniño: Yuste (Miguel), Senra, David (Iván), Alex (C), Yeray, Miguel, Gabri, Manu, Rubio, Martín (Rubén) e Peli (Fran).

Adestrador: Óscar Meilán Gómez

Delegado:  Ramón Aboal Fernández

ADR Numancia de Ares: Roberto (Kike), José M. (Pablo Cartelle), Darío, Óscar (Miguelín), Nico, Ángel, Iván (C), Carlos (Rolo), Miguelito (Miguel), Martín e Marcelo.

Adestrador: Alejandro González Domínguez

Delegado: José Antonio Couce Iglesias

Árbitro: D. Daniel Barrera Lourido, amosou cartón amarelo ó xogador local Rubio.

Goles:  Alex para os locais e Carlos (2), Rolo (2), Ángel e Marcelo para os visitantes.

1:0 [17’] Alex: Saque de porta visitante que queda curto. O balón é gañado por Alex quen  cruza ante Roberto.

1:1 [42’] Carlos: Falta favorable ó Numancia en medio campo preto da banda dereita. O balón  vai cara ó pico da área na esquerda para Iván.  O xogador aresán entra na área ata a liña de fondo e asiste sobre a entrada de Carlos dende atrás, anotando este último o tanto do empate.

1:2 [43’] Ángel: Iván dende medio campo asiste á dereita para a entrada de Ángel dende a banda. O xogador aresán entra na área e bate ó meta local polo primeiro pau.

1:3 [52’] Marcelo: Apertura de Carlos a banda esquerda para a entrada de Marcelo. Marcelo entra ata o pico da área pequena e tenta poñer un centro que sae rebotado entre porteiro e defensor para finalizar dentro da rede.

1:4 [67’] Carlos: Entrada de Ángel pola dereita con asistencia a Carlos quen chegando dende atrás bate ó meta local.

1:5 [88’] Rolo: Pase en profundidade de Martín a Rolo por banda dereita. Rolo encara a meta rival e resolve ante o seu marcador e o porteiro de disparo cruzado.

1:6 [89’] Rolo: Entrada de Ángel por banda esquerda con pase ó pico da área contrario sobre a entrada de Rolo dende a dereita.  Novamente Rolo resolve de forte disparo batendo o meta local.

 

 

Primeiro partido da segunda volta do grupo 4º da 1ª autonómica disputado en Moeche entre o San Sadurniño e o Numancia. O terreo de herba natural estaba algo pesado sobre todo por a banda preto da grada.

O conxunto aresán saíu algo durmido e parecía non adaptarse ó estado do céspede. Algunhas imprecisións iniciais e unha desafortunada xogada puxeron ós locais por diante no marcador.

Os visitantes tardaron en reaccionar pero cara o tramo final da primeira metade xeraron perigo pero sen acertar coa a meta local. As ocasións máis claras foron por partida dobre para MIguelito e Ángel. Pero a falta de puntería e as boas intervencións do meta local impedían o gol aresán.

Ata os últimos cinco minutos non chegaría o acerto numantino. Os continuos ataques visitantes terían premio con dous goles case seguidos, Carlos e Ángel salvarían o resultado nesta primeira metade facendo máis tranquilo o descanso para os de Ares.

A segunda metade sería unha continuidade do remate da primeira. Os visitantes máis intensos e centrados conseguían xogar máis e xerar ocasións sen deixar opcións ós locais. Pouco a pouco foron chegando os goles. O terceiro con fortuna nos rexeites e o cuarto nunha boa asistencia de Ángel a Carlos.

Os de San Sadurniño baixaron os brazos e ó final sería Rolo quen poría os dous últimos tantos en dúas boas finalizacións persoais deixando un resultado amplo  nun encontro que ata cinco minutos do remate do primeiro tempo tiñan perdido os visitantes.

Con este resultado e o descanso nesta xornada do Portuarios, o Numancia toma o liderado da competición dando outro pasiño máis nesta liga, e deberá defendelo na vindeira xornada na Gándara de Ferrol ante a E.F. do Ensanche, conxunto que na primeira volta arrincou un empate de Prados Vellos.

 

 Resultados , clasificación e actas da xornada pulsando neste enlace

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.