Xuvenis: Numancia, 2 - Portuarios, 1
Vitoria sufrida ante o líder.
Prados Vellos, Ares, 14 de febreiro de 2015.
Aliñacións:
ADR Numancia de Ares: Roberto, Óscar (Nico), Juan (Miguel), Alberto, Darío, Fran (David), Iván (C), Carlos (Miguelín), Ángel, Martín e Marcelo.
Adestrador: Marcos Amor Roel
Delegado: José Antonio Couce Iglesias
SDR Portuarios: Julián (C), Andrés, Solloso (Rascado), Díaz, Dani, Ángel (Gabi), Nano, Martín, Cristian (Adri), Jose e Iago (Joseph).
Adestrador: Juan Carlos Arrojo Fernández
Delegado: Antonio Bugliot Rodríguez
Árbitro: D. Rodrigo Serrano Naveiras amosou cartón amarelo a Dani e Rascado da SDR Portuarios.
Goles: Ángel e Iván para o Numancia e Cristian para o Portuarios.
1:0 [15’] Ángel. Balón en medio campo de Iván con pase ó borde da área para Ángel quen adiantándose a súa marca e ó porteiro cruza o pau dereito da porta visitante anotando o primeiro tanto.
2:0 [27’] Iván. Saque de esquina de Fran e remate de cabeza de Iván no primeiro pau adiantándose a defensa e porteiro visitante.
2:1 [59’] Cristian. Falta en tres cuartos de campo lixeiramente escorada á dereita do ataque visitante que Cristian executa forte o primeiro pau. Roberto cando parecía que atallaría sen problema, escórreselle o balón e remate na rede.
Visita do líder a Prados Vellos fronte un conxunto local dirixido por Marcos Amor ante a ausencia por paternidade de Alex Domínguez (¡Noraboa Alex!).
O conxunto local saíu motivado con intensidade e seriedade no seu xogo. Pronto comezou a xerar ocasións e a primeira clara rematou en gol cando ós 15 minutos Ángel aproveitou un pase en profundidade de Iván e adiantándose a defensa e porteiro cruzou o balón ó fondo da rede.
Os locais seguiron apertando e ós 27 minutos á saída dun saque de esquina sería Iván o que remataría no primeiro pau o balón ben servido por Fran.
Disporían os locais de algunha ocasión máis para aumentar o marcador pero o acerto do meta Julián e a falta de puntería evitarían unha maior vantaxe no marcador.
O conxunto visitante tentaba chegar á area local pero o bo traballo defensivo dos aresáns evitaba o gol dos ferroláns.
Con vantaxe local de dous a cero remataba un primeiro tempo con superioridade local fronte un rival con moita entidade pero ó que non lle saían as cousas.
A segunda metade aumentou a presión visitante e as aproximacións con algo máis de perigo pero o conxunto numantino ben asentado e con orde parecía non pasar moitos apuros.
No minuto 59 unha falta executada por Cristian provoca un erro de Roberto quen non consegue atrapar o balón entrando na meta local e acurtando distancias.
O tanto deu folgos ós visitantes e seguiron atacando, mentres os locais dispuñían de ocasións claras para sentenciar a contra pero novamente Ángel non tivo fortuna cara a porta , e a Iván sacoulle un balón Julián cando xa parecía que entraba preto da escuadra.
Sufrimento ata o final porque o Portuarios disporía de algunha outra clara ocasión ben resolta por Roberto e pola defensa local.
En resumo partido moi serio do Numancia con intensidade e onde hai que destacar o equipo en xeral onde cada xogador deu o mellor de si, tanto os que saíron de inicio como os que saíron dende o banco ata os que se sumaron a afección para animar dende a bancada.
En fronte un equipo que só perdera un encontro i empatara outro nesta primeira volta e que a pesar da derrota de hoxe remátana coma líderes. Datos estes, que poñen máis en valor o feito hoxe polos aresáns.
Agora, sen tempo para celebrar a vitoria, toca poñerse ó día na competición e disputar o vindeiro martes ás 16:30 en O Poboado, o partido aprazado da 9ª xornada fronte o As Pontes. Partido tamén moi esixente fronte ós agora cuartos clasificados con 16 puntos.
Resultados e clasificacións da xornada na primeira autonómica xuvenil grupo 4º pulsando este enlace.