Xuvenís: Perlío, 1 - Numancia, 3

ADR Numancia de Ares. Juveniles 2014-2015. Liga Primera aoutómica. Perlío, 1 - Numancia, 3. Os Pinaras, FEne

Séguese sumando.

Vitoria do equipo xuvenil da ADR Numancia de Ares por un tanto a tres fronte ó CCRD Perlío na súa visita no serán do sábado a Os Pinares. O encontro correspondente a sétima xornada do grupo cuarto da primeira autonómica chegou ó descanso con empate a un no marcador.

Gardouse un minuto de silencio polo falecemento de Marcos Suárez Rosano, pai dun dos xogadores da categoría cadete do CCRD Perlío e tamén compañeiro do adestrador visitante Alex no Bemantes de Veteráns, equipo do que era capitán, D.E.P.

Os Pinares, Perlío, Fene a 17 de xaneiro de 2015.

Aliñacións:

CCRD Perlío: A. Pico García, Manuel (Jaime), Lago, Adrián (Brais), Camilo, Gabeiras, Alex Braojos, Elias (C), Varela, Paolo (Miguel) e Aarón (A. Pico Calvo).

Adestrador: Miguel Ángel Carballeira García.

Delegado: José Manuel Antón Rey.

ADR Numancia de Ares: Roberto, Emi, Darío (Rolo), Óscar, Nico, Fran (Miguel), Iván (C), Carlos (Miguelín), Ángel (Miguelito), Martín e Marcelo.

Adestrador: Alejandro González Domínguez

Delegado: José Antonio Couce Iglesias

Árbitro: D. Eduardo Pereira Dobarro, amosou cartón amarelo a Nico do Numancia.

Goles: Varela para o Perlío e Iván, Martín e Miguelito para o Numancia.

0:1 [25’] Iván. Contraataque do Numancia levando en conducción por banda esquerda o balón Ángel dende campo propio ata chegar dentro da área rival. Pase para a entrada de Iván dende atrás e remate deste último de forte disparo sen dar opción ó meta local.

1:1 [40’] Varela.  Balón ás costas dos centrais visitantes. O balón dispútano na media lúa Varela e o seu marcador. O dianteiro local consegue facerse co esférico e cruzalo ante a saída de Roberto ó pau esquerdo da meta visitante.

1:2 [57’] Martín. Xogada por banda dereita visitante con pase ó pico da área para Iván quen vendo a chegada de Martín dende a segunda liña, asiste cun balón posto na media lúa que Martín envía de forte disparo ó fondo da rede local.

1:3 [84’] Miguelito. Balón colgado á área local sen moito perigo pero que é mal rexeitado, deixando vía libre a Miguelito para que encare ó porteiro local i estableza o definitivo 1 a 3.

 

 

 

Os xogadores do Numancia levaron brazalete negro a petición do seu adestrador, en recordo do seu compañeiro no Bemantes de veteráns, Marcos.

Comezou o partido cun Numancia moi ben asentado xerando moitas ocasións, pero como en anteriores partidos falto de acerto cara a porta. Os locais precipitábanse no xogo e recurrían ó balón longo en busca do seu dianteiro Varela. Pero os aresáns estaban ben asentados de controlaban o partido. 

Para os de Ares puideron anotar, Ángel nun man a man co porteiro local, Iván cun disparo a escuadra, ben resolto polo meta Alex, Marcelo nunha entrada dende atrás nun centro de Carlos ó que non chega por pouco e novamente Ángel nun tiro axustado ó pau dereito novamente detido.

Pero solo Iván, grazas a unha galopada de Ángel por banda esquerda con pase ó borde da área, sería quen de bater ó meta local no minuto 25. Dispuxéronse aínda de un par de ocasión máis para anotar pero os visitantes estaban sen acerto.

O Perlío tratou de mover algo máis o balón para desfacerse do seu rival e a ocasión máis clara da que dispuxo converteuna. Balón disputado por Varela que aproveitou a súa envergadura para gañar a partida ós centrais Óscar e Nico e cruzar o balón sobre a saída de Roberto.

O resto do perigo local chegou a balón parado con faltas e saques de esquina pero sen excesivo problema.

Na segunda metade o Perlío saíu máis forte e disputáballe o medio campo ós visitantes, aínda así os de Ares anotarían nunha boa xogada por banda dereita con pase a Iván e asistencia de éste a Martín para anotar no minuto 57.

Os locais botáronse arriba e melloraron no xogo, e chegaban con perigo, as ocasións repartíanse por cada bando e a loita en medio campo facía que houbera moitas faltas.

A máis clara ocasión dos locais estivo nun saque de esquina no que o remate do dianteiro saíu ó rentes do pau da meta de Roberto. 

Ó final os visitantes aguantaron o empuxe local e mataron o encontro nunha xogada de fortuna onde un rexeite favoreceu a Miguelito que sentenciou o encontro no minuto 84.

En resumo un encontro entretido con moita pelexa e que sirve ós visitantes para seguir sumando na carreira de fondo que é esta liga onde segue a  mandar o Portuarios con 15 puntos e un encontro menos, seguido de preto por Numancia e Narón con 14 e As Pontes con 12. 

A vindeira xornada chega a Prados Vellos O Val “B”, equipo que conseguiu os seus 5 puntos na clasificación nos tres encontros disputados como visitante: dous empates fronte a Eume e Meirás, e unha vitoria fronte o Perlío. Virá necesitado de puntos para non quedar descolgado na táboa polo que os nosos deben de estar moi concentrados.

Resultados, clasificacións e actas dos encontros da xornada neste enlace.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.