Xuvenís: Numancia, 4 - Miño,3

ADR Numancia de Ares. Juveniles 2014-2015. Numancia, 4 - Miño, 3. Prados Vellos.

Sufrimento inesperado.

Vitoria do conxunto xuvenil da ADR Numancia de Ares por catro tantos a tres fronte a AD Miño na sexta xornada da primeira autonómica no seu grupo cuarto. O encontro, disputado no serán do sábado en Prados Vellos chegou ó descanso con vantaxe local no marcador por dous a cero.

Ares a 10 de xaneiro de 2015.

Aliñacións:

ADR Numancia de Ares: Roberto, Emi, Darío (Rolo), Óscar, Nico (David) ,Fran, Iván (C) (Miguel), Carlos, Ángel (Miguelín), Martín e Marcelo.

Adestrador: Alejandro González Domínguez

Delegado: José Antonio Couce Iglesias

AD Miño: Kevin (Rubén), Edu, Jesús (Óscar), Diego Pérez, Ayub, Manuel, Yago (C), Casás (Fran), José Juan (Álvaro), Alex e Fer (David).

Adestrador: Antonio Vázquez Rendal

Delegado: Pablo Bernardo Castiñeira

Árbitro: Telmo Pérez Vázquez amosou cartóns amarelos ós locais Marcelo e Carlos e ós visitantes Edu, Alex, Jesús e Óscar.

Goles: Iván (2), Ángel, e Martín para o Numancia e Yago (3) para o Miño.

1:0 [25’] Ángel. Remate do ataque local dun balón colgado dende a dereita á área visitante que e rexeitado polo meta local caendo a pes de Ángel que envía ó fondo da rede.

2:0 [27’] Iván. Contra dos locais lanzado por Fran pola banda dereita con velocidade de Ángel quen deixando atrás á defensa visitante asiste a Iván, o cal, entrando dende atrás remata dende preto do punto de penalti.

3:0 [51’] Martín. Penalti sobre Marcelo que executa Martín rexeitando o meta Kevin. O rexeite o envía Martín de cabeza ó fondo da rede.

3:1 [57’] Yago. Contra do conxunto visitante con asistencia a Yago quen resolve dende dentro da área para acurtar distancias no marcador.

3:2 [65’] Yago. Xogada persoal de Yago entrando dende a esquerda driblando a varios contrarios e batendo de tiro cruzado a Roberto.

4:2 [76’] Iván. Centro de Ángel dende a dereita que rexeita a zaga visitante. O balón cae a pes de Iván na frontal da área e de forte disparo bate ó meta visitante.

4:3 [85’] Yago. Xogada similar o segundo tanto visitante. Xogada persoal de Yago, driblando a contrarios e batendo ó meta local.

ADR Numancia de Ares. Juveniles 2014-2015. Numancia, 4 - Miño, 3. Prados Vellos.Visitaba Prados Vellos a AD Miño, cuarto clasificado e único equipo invicto ata o momento na competición. O partido que a priori parecía moi complicado arrincou con bo xogo dos locais e chegadas claras á porta rival. 

As ocasións sucedíanse e ben puido chegarse ó descanso con unha maior vantaxe no marcador para os locais. O Miño non dispuxo de ocasións claras agás algunha  a balón parado pero sen moito perigo. 

Chegábase ó descanso coa sensación de que os puntos quedarían na casa e máis cando na segunda parte, no minuto 51 chegaba o tres a cero.

ADR Numancia de Ares. Juveniles 2014-2015. Numancia, 4 - Miño, 3. Prados Vellos.Pero o que parecía que sería unha tranquila vitoria trocou de forma inesperada. Os visitantes non se afundiron e lanzáronse ó ataque. Os locais empezaron a dar mostras de fatiga. Perdeuse o medio campo, defensivamente apareceron erros, e o partido entrou nun intercambio de golpes onde Yago sacou a máxima vantaxe acercando ós visitantes no marcador con dous goles. Mentres os locais erraban novamente ocasións moi claras.

Iván daba aire ós locais e novamente Yago recortaba distancias. O últimos minutos foron de continua presión visitante e parecía que a lo menos os de Miño sairían de Prados Vellos con un empate.

O final os locais defenderon a vantaxe de un tanto e o partido rematou con 4 - 3. Vitoria moi sufrida ó final, despois de ter un primeiro tempo onde se perdoaron demasiadas ocasións.

Agora e tras seis xornadas o Numancia e terceiro con 11 puntos por detrás de Narón (13) e Portuarios (12) se ben, estes últimos con un encontro menos disputado.

Resultados, actas e clasificacións da xornada pulsando neste enlace.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.