Xuvenís: Meirás, 2 - Numancia, 1

ADR Numancia de Ares. Juveniles temporada 2014-2015. Liga Primera Autonómica. Meirás, 2 - Numancia, 1. Misael Prieto, Meirás, Valdoviño

Derrota para rematar 2014.

O equipo xuvenil da A.D.R. Numancia de Ares caeu derrotado por dous a un fronte o Meiras C.F. na súa visita ó anexo do Misael Prieto. O partido correspondente á quinta xornada no grupo cuarto da primeira autonómica chegou ó descanso con vantaxe  local de un tanto a cero.
 
Meirás, Valdoviño a 20 de decembro de 2014.
 
Aliñacións:
 
Meirás C.F.: Javier, Jseús, Óscar, Iván, Miguel, Sergio, Jonathan (C), Miguel Ausín (Santi), Miguel Pena (Isma), Iago López e Pablo (Iago Couce).
 
Adestrador:  César López Souto.
Delegado: Santiago Franco López.
 
A.D.R. Numancia de Ares: Roberto (Kike), Emi, José Manuel (Miguelín), David, Darío, Miguel (Miguelito), Iván (C), Carlos, Ángel, Martín e Marcelo (Rolo).
 
Adestrador: Alejandro Gónzalez Domínguez
Delegado: José Antonio Couce Iglesias
 
Árbitro: Cristian Santos González amosou cartóns amarelos a Pablo, Isma e Jonathan polo Meirás e a Miguelito por partida dobre para o Numancia.
 
Goles: Jonathan e Iago Couce para o Meirás e Ángel para o Numancia
 
1:0 [27’] Jonathan: Perda de balón en medio campo de Marcelo que aproveita o Meirás para montar un contraataque que finaliza polo centro Jonathan batíndo a Roberto de vaselina.
 
2:0 [84’] Iago Couce: Balón longo pola dereita que pelexa o ataque local chegando a pes de Iago Couce no pico da área. Revólvese e de tiro en parábola bate a Kike que non chega por pouco ó balón que pasa xusto entre o longueiro e a súa luva.
 
2:1 [89’] Ángel: Roubo de balón en medio campo de Iván con pase sobre a entrada de Ángel, preto da media lúa, quen bate de tiro cruzado ó meta local.
 
Chegaba o Numancia a Meirás como segundo clasificado e con algunhas baixas na súas ringleiras. O escenario tampouco era o mellor para xogar pois o estado do campo anexo do Misael Prieto non presentaba as mellores condicións.
 
O conxunto local adaptouse ben ó terreo e buscou a única forma de xogar nesas condicións. Xogo físico con fútbol directo para evitar sorpresas en defensa e aproveitar a velocidade dos seus dianteiros. Ó Numancia custáballe chegar ó tentar mover por baixo dificultado polo estado do terreo. O encontro estaba para non cometer ningún erro.  Con aproximacións alternas de uns e outros pero sen claridade chegouse ó minuto 27 cando de un saque de porta Marcelo tenta deixar o balón de cara a un compañeiro pero erra quedándolle parado e deixándollo de cara ó contrario que asiste a Jonathan quen sorprende á defensa que estaba saíndo e bate por alto a Roberto. Con un a cero chegaríase ó descanso despois dunha primeira metade sen moito xogo con moito balón aéreo e onde o perigo chegou a balón parado en ambas áreas.
 
A segunda metade desenrolouse coa mesma dinámica moita pelexa, moito xogo directo pero con un Numancia máis asentado no terreo. Dispúxose dunha clara ocasión que non concretou Ángel. Os locais chegaban pero sen acerto, ata que no 84 un balón longo en banda dereita non é rexeitado pola defensa e acaba a pes de Iago Couce preto do pico da área para conectar un disparo que bate por alto a Kike.
 
A partir de aquí chegaría a expulsión de Miguelito no 87 e sería con dez xogadores cando acurtaría distancias o cadro visitante grazas a unha recuperación en medio campo de Iván que asiste a Ángel quen bate no 89 de tiro cruzado.
 
Ó final derrota nun partido onde o conxunto local sacou proveito do terreo de xogo e que aínda así ben puido rematar en táboas. Finaliza deste xeito o ano 2014 con unha derrota que non se producía dende a quinta xornada de copa precisamente fronte o Meirás pero en ese caso en partido disputado en Prados Vellos o catro de outubro.
 
Agora parón na competición ata o 10 de xaneiro onde visitará Prados Vellos o Miño cuarto clasificado i empatado a oito puntos có Numancia que finaliza o ano na terceira praza.
 
 
 
 
 
 Felicitación Navidad.Dende a A.D.R. Numancia de Ares queremos desexarlles unhas felices festas e próspero 2015
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.