Xuvenís: Numancia, 0 - As Pontes, 3

ADR Numancia de Ares. Juveniles 2014-2015. Copa Local. Numancia, 0 - As Pontes, 3. Prados Vellos.

Demasiado castigo

Derrota do conxunto xuvenil da A.D.R. Numancia de Ares fronte o C.D. As Pontes por 0 a 3 en encontro correspondente a terceira xornada da Copa Local. Ó descanso a vantaxe visitante era de 0 a 1.
 
Prados Vellos, Ares a 20 de setembro de 2014
 
Aliñacións:
 
A.D.R. Numancia de Ares: Roberto, Rolo, Darío (Nico), Pablo Cartelle, Óscar (David), Martín, Iván (C), Fran (Miguelín), Ángel, Miguelito (Emi) e Marcelo.
 
Adestrador: Alejandro González Domínguez
Delegado: José Antonio Couce Iglesias
 
C.D. As Pontes: Ángel, Iago (Alex Fdez.), Jandro (C) (Jorge), Alex Blanco (Iván), Mois, Alex Cabarcos, Nahum, Brais, David Rey (Óscar), Sergio e Pita.
 
Adestrador: Felipe Mieres Fernández
Auxiliar: Antonio Prieto Carballeira
Delegado: Jesús Ramiro Fernández López
 
Árbitro:  D. Juan Alberto Piñón López,  amosou cartóns amarelos a  Rolo e Óscar polo Numancia e a Sergio e Pita polo As Pontes.
 
Goles: Pita, Nahu e Sergio para As Pontes
 
0 - 1   (24’) Pita. Saque de esquina dende a esquerda do ataque visitante ó segundo pau, para que remate sen moita oposición Pita.
 
0 - 2   (66’) Nahum. Apertura dende o centro cara a entrada en diagonal dende a dereita de Nehu, quen gaña as costas á defensa local e bate a Roberto de tiro cruzado.
 
0 - 3   (83’) Sergio. Erro e perda de balón local en medio campo, que permite a contra do equipo visitante. Balón ás costas da defensa e Sergio eleva por riba da saída do porteiro local.
 
 
 
 
O primeiro contratempo local foi a lesión de Fran ós 11 minutos que tivo que abandonar o terreo de xogo. Con todo, os primeiros 24 minutos o Numancia controlou o partido e non sufriu ningún ataque visitante. Pero , na primeira xogada de perigo a balón parado, erro nas marcaxes no saque de esquina e gol en contra.
 
O primeiro tempo tivo ocasións para os locais pero non foron quen de anotar, na única xogada que rematou en gol, foi invalidada polo colexiado que apreciou fora de xogo. Os ponteses tiveron a ocasión máis clara, a parte do gol, nun balón o pau.
 
A segunda metade máis do mesmo, un Numancia que chegaba pero unhas veces o porteiro outras a defensa visitante e outras a falta de acerto impediron que anotaran o empate. En esas andaban os locais, cando chegou o segundo tanto dos visitantes. Tanto que reclamou o conxunto local por posible fora de xogo, pero que acabou subindo ó marcador.
 
Non baixaron os brazos os numantinos e buscaron a meta pontesa, pero o encontro xa estaba moi costa arriba. Para máis magoa un saque de banda apresurado con perda no medio campo propiciou o terceiro e definitivo gol que deixou sentenciado o encontro.
 
O resultado final resultou excesivo para os méritos locais, inda que a diferenza estivo sen ningunha dubida no maior acerto visitante. Un equipo máis corpulento, con maior poderío aéreo e ben colocado sobre o terreo de xogo que soubo aproveitar os erros locais.
 
A próxima semana desprazamento á Pedreira para enfrontarse ó Galicia de Mugardos que remata como líder da clasificación nesta terceira xornada.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.