Xuvenís: Numancia, 7 - R. Neda, 2

A.D.R. Numancia de Ares. Juveniles 2014-2015. Amistoso. Numancia, 7 - Rápido de Neda, 2. Prados Vellos. Ares

Boas sensacións

 Primeiro encontro de pretemporada para os xuvenís e primeira vitoria fronte o Rápido de Neda en Ares por 7 tantos a 2. No descanso o resultado era de 2 a 1 a favor dos locais.
 
 
Ares 14 de agosto de 2014. 

Aliñacións: 

Numancia de Ares: Kike, Emi, Rolo, Pablo Cartelle, Óscar, Miguel, Iván (C), Martín Ángel, Fran e Marcelo. Tamén participaron: Antonio, José Manuel, Carlos, David e Miguelín.

Adestrador: Alex González

 

 Rápido de Neda: Cristian, Garrote, Álvaro, Miguel, Eli, Brais, Isaías, Iván, Diego, Asier e Carlos. Tamén participaron: Bruno, Joel, Caneiro, Adrián, Samuel, Yago e Alex.

Adestrador: Luis Dopico

 

Árbitro: Francisco López Gómez. Amosou cartóns amarelos ó local José Manuel e ós visitantes Joel e Miguel.
 
Goleadores: Diego (2) para o Rápido de Neda. Carlos(3), Ángel (2), Miguel e Iván para o Numancia de Ares.
 
 
Goles: 
0 - 1 – 11' : Diego. Balón as costas da defensa dende a dereita que pelexan Pablo Cartelle e Diego conseguindo este último anotar o primeiro gol en parábola ante a saída de Kike.
1 - 1 – 29' : Carlos. Roubo de balón por parte de Martín no pico esquerdo da área visitante. Chegada a liña de fondo e disparo coa esquerda que rexeita o porteiro. O balón queda solto para que o aproveite Carlos anotando o empate.
2 - 1 – 44': Carlos. Xogada combinativa pola dereita con balón de Jose Manuel a Iván, éste en profundidade a Marcelo que dende a liña de fondo asiste a Carlos quen logra anotar novamente batendo o meta rival.
3 - 1 – 46': Miguel. Xogada novamente combinativa que parte do Numancia dende medio campo rival pola dereita nos pes de Emi, o balón pasa polos pes de Miguelín, Carlos, Iván e Miguel que abre a esquerda  a Marcelo i este dende liña de fondo volta a asistir en esta ocasión a Miguel que entra dende atrás anotando o terceiro tanto.
4 - 1 – 47': Ángel. Roubo de balón de Emi na dereita pase a Carlos cara o centro quen asiste a Ángel o cal entrando na área bate ó meta visitante pola sua dereita.
5 - 1 – 56': Ángel. Erro no pase entre o meta visitante e un defensor que aproveita ó dianteiro numantino para anotar o seu segundo tanto.
5 - 2 – 64': Diego. Imprecisión defensiva dos locais no borde da área que aproveita o dianteiro do Neda para acurtar distancias.
6 - 2 – 68': Iván. Falta dende a esquerda o borde da área maxistralmente executada por Iván que pon o balón na escuadra dereita do meta visitante.
7 - 2 – 86'. Carlos. Entrada pola esquerda de Iván que dende medio campo mete en profundidade a Carlos. O xogador local entra en diagonal cara o marco visitante e bate no primeiro pau e consigue así o seu terceiro tanto.
 
Primeira proba amigable para o Numancia que amosou unha boa imaxe en xeral. Saíu algo dubitativo nos primeiros minutos e pouco a pouco foise soltando. Tentou xogar o balón e conseguiuno en moitas das ocasións. Un primeiro tempo aceptable ante un rival que se amosou forte no xogo defensivo. A pesar de iniciar con desventaxe no marcador os aresáns foron quen de remontar antes de ir ó descanso.
 
Na segunda metade baixou o nivel físico dos visitantes e foron chegando os goles locais. Seguiuse tentando tratar ben a pelota e buscar xogadas elaboradas. Pouco a pouco o partido foi decaendo despois do 6 - 2 para chegar ó remate do encontro con a vitoria local de 7 - 2.
 
Primeiro test superado de forma aceptable por parte do Numancia ante un Neda que prantou cara mentres duraron as forzas. 
 
  

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.