XUVENÍS. CALENDARIO DE PRETEMPORADA
PRESENTACIÓN DOS XUVENÍS DO NUMANCIA
O vindeiro luns, 11 de agosto, tamén comezará a temporada 2014-15 para os compoñentes do equipo xuvenil da ADR Numancia. A convocatoria da presentación e realización da primeira sesión de adestramento está fixada para as 20.15 h. nas instalacións de Prados Vellos.
Tamén podemos adiantar o calendario de partidos amigables que xa están acordados:
Ares, 3 de agosto de 2014
Para completar a súa preparación, os xuvenís aresáns disputarán un partido amigable por semana, de acordo coa seguinte previsión:
Xoves, 14 de agosto, ás 18.30 h.: Numancia – Neda
Xoves, 21 de agosto, ás 19.00 h.: Betanzos – Numancia
Sábado, 30 de agosto: III Torneo Vinoteca, no que participarán, xunto co Numancia, o Galicia de Mugardos, o Rayo Sadense e o Betanzos.
Xoves, 4 de setembro, ás 19.00 h. : Cambre – Numancia.