XUVENIS. NUMANCIA, 2 - SAN SADURNIÑO, 2.

COMO QUEDACHEDES? ...... EMPATAMOS ...... OUTRA VEZ.

Antepenúltima xornada de liga na que os xuvenís recibían o San Sadurniño nunha soleada tarde de sábado. O partido rematou con repartición de puntos. Ao descaso o resultado era de 0 - 1.

 

Ares, 3 de maio do 2014.

FICHA TECNICA:

NUMANCIA: Agustín (Xaime), Marcelo, Pepe (C) (Borja), Jesús, Darío, Adrián, Pérez (Gaby), Martín, Ángel (Iván), Miguel (Miguelito) e Nóvoa.

Adestrador: Alejandro González Domínguez.

Delegado: José Antonio Couce Iglesias.

SAN SADURNIÑO: Bruno, Gabriel, Franpi (C), Yeray (Miguel), Fran, David, Antón Senra (Alberto), Alex, Iván, Antón Pérez e Yera (Álvaro).

Adestrador: Francisco J. Piñeiro Cendan.

2º adestrador: Jésus M. Fajardo Pardo.

Delegado: José M. Piñeiro Piñón.

ARBITRO: Brais Ferreiro Verez. Amoestou a Marcelo, Jesús, Adrián, Xaime e o adestrador por parte do Numancia. Polo San Sadurniño foi amoestado Alex. Resultou expulsado por dobre cartón amárelo Borja do Numancia.

GOLES:

0 - 1: YERAY (min. 5), córner que bota o Sansa e remata Yeray de cabeza e sen oposición dentro da área pequena.

1 - 1: IVAN (min. 47), presión do equipo numantino á saída do balón, cesión ao porteiro que éste non controla e Iván rouballe a carteira para marcar a porta baleira.

1 - 2: ALEX (min. 58), balón ás costas da defensa local o que se fai Alex para encarar a Xaime e batelo polo medio das pernas na súa saída.

2 - 2: BORJA (min. 86), pase en profundidade de Martín para Borja que define de disparo cruzado diante do porteiro.

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.